A realidade das novas taxas xudiciais

14/01/2013

A entrada en vigor da nova norma reguladora das taxas xudiciais, está a crear unha forte polémica polas reaccións, tanto dos profesionais do sector, coma da sociedade en xeral.

Con este incremento dos custes para litigar, estase a formar a idea de que o dereito á tutela xudicial só está reservada para persoas que poidan contar con determinados recursos económicos para iniciar o procedemento indicado para cada caso.

O importe da taxa a pagar, está formada pola suma de dúas cantidades, unha fixa, que dependerá do tipo de procedemento do que se trate, e outra variable, que dependerá do importe da contía en litixio.

A través dunha táboa explicativa, poderemos ver os novos custes dos procedementos, e o incremento dos mesmos respecto da situación anterior. Polo xeral ás persoas  consumidoras, a orde xurisdicional que máis lles interesará será o civil ou mercantil ao tratarse de materias relacionadas con todo o eido da contratación, relacións persoais, ou mesmo cuestións relacionadas coas comunidades de propietarios.

Contías fixas no orde xurisdicional civil:

TIPO DE PROCEDEMENTO ANTES AGORA INCREMENTO
Verbal e cambiario

90€

150€

60€

Ordinario

150€

300€

150€

Monitorio, mon. europeo, demanda incidental en procedemento concursal

50€

100€

50€

Execución extrajudicial e oposición á execución

150€

200€

50€

Concurso necesario

150€

200€

50€

Apelación

300€

800€

500€

Casación e extraordinario por infración procesual

600€

1.200€

600€

*Cando despois da oposición do deudor nun monitorio se siga un proceso ordinario descontarase da taxa a cantidade xa aboada no proceso monitorio.

Contías fixas no Orden xurisdicional contencioso-administrativo:

TIPO DE PROCEDEMENTO

ANTES

AGORA

INCREMENTO

Abreviado

120€

200€

80€

Ordinario

210€

350€

140€

Apelación

300€

800€

500€

Casación

600€

1200€

600€

Na Orde Social créanse as taxas dos recursos de súplica e casación, que ascenderán a 500€ e 750€ respectivamente. Con anterioridade a esta nova regulación, non se tiña que pagar taxa algunha polos procedementos nesta Orde.

Xunto con estas taxas de contía fixa, haberá que pagar unha cifra variable, que virá determinada pola cantidade en litixio. Para contías de ata 1.000.000€, haberá que pagar un 0,5% da mesma. Para as superiores, un 0,25%. Esta parte variable nunca poderá superar os 10.000€.

Nos supostos de litixios sen unha contía determinada, establecerase ésta en 18.000 €, e aplicaráselles a esta cantidade a porcentaxe do 0,5%.

Estes dous importes serán os que formen a taxa definitiva.

Na nova ordenación tamén se recoñecerán unha serie de supostos, nos que se eximá ao litigante do pago destas taxas sinaladas. Entre outros supostos, os mais significativos serán os seguintes:

  • A interposición de demandas e recursos nos procedementos sobre capacitación e filiación, como nos de garda e custodía de fillos e reclamacións de alimentos.
  • A presentación da petición inicial no proceso monitorio, e na demanda do xuízo verbal en reclamación de cantidade cando a contía das mesmas non supere os 2.000 €. Non se terá dereito a esta exención cando a pretensión se fundamente nun documento que teñan o carácter de título executivo extraxudicial.
  • A interposición de recursos contencioso – administrativos, cando o que se recorra sexa o silencio administrativo, ou a inactividade da Administración.
  • Tamén estarán exentas do pago das taxas, as persoas con dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Para ilustrarnos un xeito máis claro e comprensible, imos ver unha serie de exemplos

Se queremos iniciar un procedemento verbal, por importe de 5.000 €, que taxas deberiamos desembolsar? (Lembremos que o procedemento verbal se reserva para contías que non superen os 6.000 €)

A contía fixa da taxa será a que corresponda segundo o recadro superior, é dicir, 150 €. A estes deberemos sumarlle o 0,5% dos 5.000 € (contía en litixio), que serán outros 25 €. Polo tanto a taxa total ascenderá a 175 €.

No suposto de querer presentar un recurso de apelación contra unha sentenza ditada nun procedemento ordinario no que unha comunidade de propietarios reclama a un dos comuneiros o pago de 10.000 € de cotas adebedadas. A canto ascenderían as taxas?

En primeiro lugar, a parte fixa que segundo a táboa ascendería a 800 €. Pola súa banda a parte variable sería o 0,5% de 10.000 €, é dicir 50 €. Un total de 850 €. Lembremos non obstante que xa na primeira instancia debimos aboar un total de 350 euros (300 + 50).

Se queremos iniciar un proceso ordinario para reclamar un pago de 7.000 € unha vez que xa se intentara a través dun procedemento monitorio no que o debedor presentou oposición, a taxa que se devengará sera:

Por unha banda, 300 € na parte fixa e 35 € na parte variable. Neste caso ademais atoparémonos cunha situación especial, pois a nova regulación permite descontar das taxas a pagar nun procedemento, as aboadas con anterioridade nun procedemento monitorio que tratara de resolver o caso con anterioridade. No monitorio teriamos que ter pagado 135 €, polo que agora restaría por aboar a diferencia, é dicir, 200 €.

2 comentarios en “A realidade das novas taxas xudiciais

Deixa unha resposta