A UCGAL levará a cabo diversos talleres formativos sobre consumo e aforro da electricidade

19/10/2015

Durante os meses de outubro e novembro, UCGAL levará a cabo varios talleres formativos sobre consumo e aforro de electricidade en distintas localidades galegas, entre outras: Santiago, Vigo e Ribeira.  Estes obradoiros de carácter gratuíto están destinados ao conxunto da poboación galega.

Esta organización, consciente da complicación que representa coñecer os mecanismos de funcionamento do sector eléctrico e en vista do progresivo aumento das reclamacións dos consumidores nesta materia; pretende formar á cidadanía no eido da subministración eléctrica para garantir os seus dereitos como consumidores e axudarlles a entender e aforrar na factura da electricidade. Nestes talleres, os asistentes poderán resolver as súas dúbidas sobre as distintas modalidades de contratación de electricidade, a substitución dos contadores analóxicos polos contadores dixitais, a potencia contratada e a nova tarifa da luz por horas que tanta confusión xera.

Estas actividades formativas, impartidas por técnicos da UCGAL e realizadas co patrocinio do Instituto Galego de Consumo (IGC); facilitaranlles aos consumidores e usuarios galegos unha mellor comprensión en materia de subministración eléctrica. O único requisito para participar é o de levar unha factura o día da actividade.

Datas e horarios (poden sufrir cambios):

  • VIGO: 19 de outubro. 19:00 horas. Local da Asoc. de Veciños Camiño Vello de Coia.  R/ Marín, 1 bajo.
  • RIBEIRA: 20 de outubro. 19:30 horas. Casa da Xuventude.  Avda, Constitución s/n
  • VIGO: 26 de outubro. 20:00 horas. Local da Asociación Monte da Mina de Castrelos. Galindra, 16
  • SANTIAGO:  27 de novembro. 19:00 horas. Lsc De Amio: Rúa A Muíña, nº 63 CP:15707 Amio – San Lázaro
  • CARBALLO: 28 de outubro. 20:00 horas. Pazo da Cultura. Telecentro. R/ de Pan s/n.
  • SANTIAGO: 6 de novembro. 20:00 horas. LSC Figueiras: Escola de Codesedas. Rúa do Vencello 37
  • VIGO: 7 de novembro. 19:30 horas. Local da Asoc. de Veciños Feira Cabral.
  •  SANTIAGO: 10 de novembro.  16:30 horas. LSC Marantes: Lugar de Cortos  s/n  Marantes. GPS 42º56’48” N-8º28’11” O
  • SANTIAGO: 13 de novembro. 20:00 horas. LSC Marrozos: Rúa  Ardagán da Arriba, 7. GPS 42º50’18”N  8º29’51”O
  • AMES: 18 de novembro. 20.00. Local de JUPEMI. Rúa Figueiras, 3. Milladoiro
  • SANTIAGO: 20 de novembro. 19:00 horas. LSC A Peregrina: A Peregrina, s/n. GPS 42º55’19” N- 8º33’11”O
  • AMES: 20 de novembro, 20.30 horas. Salón de Plenos do Concello. Bertamiráns
  • MOAÑA: 20 de novembro. 20.00 horas. Salón de Plenos do Concello. Moaña
  • SANTIAGO: 24 de novembro. 17.00 horas. CSC Aurelio Aguirre de Conxo

Deixa unha resposta