Unión de Consumidores de Galicia persóase como acusación popular no procedemento xudicial da hepatite C

26/04/2016

A Unión de Consumidores de Galicia ven de persoarse como acusación popular no proceso xudicial no que están a ser investigados dous cargos da Consellería de Sanidade da Xunta cos supostos atrasos na prescrición de medicamentos a pacientes con hepatite C.

Esta organización entende que os feitos investigados afectan a un dereito tan fundamental como é o dereito á saúde e o acceso ós tratamentos axeitados; e que a súa intervención, como parte acusadora neste caso, está plenamente xustificada ao tratarse dun caso no que se verían afectados os dereitos dos usuarios e usuarias do servizo público de saúde do noso país.

Como asociación de consumidores representativa en Galicia, UCGAL posúe a lexitimación necesaria para o inicio de accións legais para a defensa dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias. Nun eido tan relevante como o da saúde e en relación cuns feitos de tanta transcendencia, a decisión de persoación resulta obrigada.

Deixa unha resposta