As reclamacións a Iberdrola poderán resolverse a través do Sistema Arbitral de Consumo

23/01/2013

A partir de agora, todas as reclamacións presentadas contra a comercializadora Iberdrola relacionados coa atención persoal, contratación, facturación e cobro poderán dirimirse a través do Sistema Arbitral de Consumo. Como sabemos esta forma de resolución extraxudicial de conflitos equipárase a unha resolución xudicial, non precisándose avogado nin procurador, nin tendo que asumirse ningún tipo de gasto por parte do consumidor. Dende esta Organización, esta noticia considérase un paso moi importante en materia de defensa dos consumidores, e agárdase que cunda o exemplo noutras empresas comercializadoras de electricidade, sexan da TUR ou non, sobre todo se atendemos a tódolos problemas orixinados no sector. A xuízo da UCGAL esta iniciativa contribuirá a mellorar a imaxe da empresa, e representará unha opción real e efectiva para resolver as controversias que plantexen os usuarios.

Deixa unha resposta