A cidade das Burgas goza da exposición ‘Os Benfeito e os ODS’

11/12/2019
  • A mostra estreáse na cidade das Burgas

Este mércores estreouse a exposición Os Benfeito e os ODS, organizada pola Unión de Consumidores de Galicia e Mercadona, no Centro Cívico A Ponte de Ourense. No acto de inauguración participaron o secretario xeral da UCGAL, Miguel López Crespo, a xerente de relacións externas de Mercadona en Galicia, Mariña Rivas, e as concelleiras Mª del Mar Fernández Dibuja, da área de Comercio e Seguridade Cidadá, e Eugenia Díaz Abella, de Política Social, Igualdade e Saúde.

Inauguración 'Os Benfeito e os ODS' en Ourense

A finalidade desta mostra, formada por oito ilustracións firmadas polo debuxante Marcos García Rodríguez e protagonizada pola familia Benfeito, é achegar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) á cidadanía dun xeito sinxelo e práctico, poñendo enriba da mesa hábitos que todas as persoas consumidoras poidan integrar no seu día a día, desde a aposta por envases elaborados con materiais alternativos ao plástico, a reciclaxe ata fórmulas de aforro enerxético.

Exposición 'Os Benfeito e os ODS'

“Desde a Unión de Consumidores de Galicia queremos colaborar naquelas cuestións que nos unen: o compromiso co respecto e o coidado do medio ambiente e o consumo responsable, por iso poñemos en marcha este proxecto”, asegurou Miguel López. Nesta liña,  Mariña Rivas incidiu na necesidade de ser unha “empresa que estea ao lado da xente e comparta a súas preocupacións” e presentou algunhas das medidas que desde Mercadona poñen en marcha para “reducir o impacto dos residuos no medio ambiente”.

Exposición 'Os Benfeito e os ODS'

“Cada xesto é importante e será a suma de todos eles o que fará posible que o desenvolvemento sostible pase do papel a ser un acto cotiá das nosas vidas”, subliñou Eugenia Díaz que, xunto a María del Mar Fernández, trasladou o “compromiso transversal do Concello de Ourense, que implica a todas as concellerías, co consumo responsable e o coidado do medio ambiente”.

Inauguración 'Os Benfeito e os ODS' en Ourense

A exposición, que nos vindeiros meses percorrerá a xeografía galega, poderá visitarse ata o 17 de decembro.

Deixa unha resposta