Calidade dos Operadores de Telecomunicacións 2021

2/11/2021

A Unión de Consumidores de Galicia ven de avaliar a calidade dos operadores de telecomunicacións segundo os datos publicados pola Secretaría de Estado de Telecomunicaciones e Infraestructuras Digitales (SETID) e as estatísticas de reclamacións rexistradas na Oficina de Atención de los Usuarios de las Telecomunicaciones (OAUTEL).

Os datos aportan información valiosa da actuación no mercado. Ademais, o exame da calidade aporta estabilidade fronte á volatilidade dos prezos, ao requirir investimentos que consoliden os progresos, por tanto, é relevante na elección de operador.

Puntuacións

A Calidade Global e froito de analizar os datos de calidade e reclamacións na telefonía fixa, telefonía móbil e Internet: tempo de conexión, avarías, tempo de resolución destas, caudal de carga e descarga, reclamacións en fixo e móbil, etc.)

MOVISTAR con 7,49 acada a maior puntuación. Resulta significativo que o operador que soporta a prestación do servizo universal siga a ser o mellor en termos de calidade.

A puntuación máis baixa é para ORANGE, con 5,70 puntos, a un 31% do líder. Só VODAFONE supera os 7 puntos, situándose na segunda posición, mentres que o Grupo MASMOVIL e EUSKALTEL móvense arredor dos 6,5 puntos.

No Servicio Móbil suspende ORANGE con 4,43 puntos e o grupo MÁSMOVIL e o grupo EUSKALTEL superan por pouco os 5 puntos. Só MOVISTAR e VODAFONE superan os 6 puntos, o primeiro con 6,64 e o segundo con 6,36.

No Servizo Fixo tres operadores acadan máis de 8 puntos: MOVISTAR (8,34), VODAFONE (8,24) e o grupo EUSKALTEL (8,13). ORANGE, repite a peor puntuación con 6,97 puntos.

calidad2021

 

 

 

 

 

 

Avarías

Na telefonía fixa a porcentaxe de avarías vai do 2,40% (MASMOVIL e ORANGE) ao 0,63% de R.

O tempo empregado na reparación de avarías vai desde as 46 horas de MOVISTAR ás case 118 de ORANGE (preto de 5 días) ou as 97 horas de MASMOVIL. R e TELECABLE roldan las 90 horas.

Pola súa banda, a porcentaxe de avarías reparadas no tempo obxectivo que comprometen (48 horas coa excepción de MOVISTAR que o establece en 46 horas) aproxímase ao 97% no caso de MOVISTAR e non chegan ao 90% ORANGE, MASMOVIL, R e TELECABLE.

En Internet, a porcentaxe de avarías de EUSKALTEL supera o 3,50% e R o 3,10%, entre o 2,20% e o 2,50% sitúanse ORANGE e MASMOVIL. No lado oposto VODAFONE, 0,89%.

MASMOVIL supera as 115 horas no tempo de reparación de avarías e TELECABLE as 103. ORANGE aproxímase ás 100 horas. No outro extremo, EUSKALTEL emprega 47 horas.

No relativo ás avarías reparadas no prazo obxectivo (48 horas, excepto EUSKALTEL, 47), EUSKALTEL supera o 94,50% e R o 91%. O resto de operadores roldan o 90%, aínda que TELECABLE quédase algo descolgada co 86%.

Banda larga

En primeiro lugar, cómpre sinalar que fronte á simetría en Mbps das velocidades de subida e baixada que presentan os operadores de ámbito estatal (600/600; 300/300; 100/100; 50/50); os que operan en só en algún territorio (EUSKALTEL, R e TELECABLE) presentan asimetrías moi intensas (500/50; 300/30; 200/20; 100/10 y 50/5).

Dito isto, o caudal medio de descarga nas ofertas de fibra e cable, vai do 104% e o 101% de VODAFONE e TELECABLE respectivamente, ate o 92% e o 95% de R e EUSKALTEL.

Pola súa parte, o caudal medio de subida nas mesmas ofertas, oscila entre o 102% e o 101% de VODAFONE e TELECABLE, ate arredor do 95,20% de R.

Respecto ás ofertas de ADSL (polo xeral 20/1 Mbps) a baixada está entre o 87% de MASMOVIL e o 73% de MOVISTAR e a subida oscila entre o 89% de MASMOVIL e o 69% de ORANGE.

Na banda larga móbil os caudais medios de baixada e subida, están entre 41% e o 30% na descarga (VODAFONE e MASMOVIL, respectivamente); e entre o 72% e o 36% na subida correspondentes a MASMOVIL e ORANGE.

Reclamacións

Segundo OAUTEL, o volume de reclamacións de servicios converxentes, vai do 1,24 de MOVISTAR e 9,04 de VODAFONE, situándose o resto de operadores entre 1,79 de EUSKALTEL e o 4,35 de R. Hai que considerar que o 81% das liñas fixas e o 86% das móbiles soportan servizos converxentes.

En relación cas queixas sobre a atención ao cliente, os rexistros do organismo sinalan que MOVISTAR presenta o menor volume, 0,17 e VODAFONE triplica o dato (0,51).

En canto ás reclamacións móbiles, a OAUTEL, sitúa a VODAFONE co peor índice de reclamacións (3,71) e a ORANGE co mellor (1,27).

Seguindo cos datos da OAUTEL, agora en referencia ás reclamacións do servizo fixo, estas presentan un volume que vai do 2,7 de EUSKALTEL ate o 33 de ORANGE, pasando polo 27 de MASMOVIL e o 19,5 de VODAFONE.

Segundo a SETID, as reclamacións no móbil oscilan entre o 0,45% de VODAFONE a case o 2,5% de ORANGE e MOVISTAR.  No prepago flutúan entre o 0,087% de MOVISTAR e o 2,22% de VODAFONE.

As relativas a facturas atópanse entre o 0,057% de VODAFONE e un 1% de MOVISTAR.

Os tempos de resolución de reclamacións van desde os 23 días de R, ou os máis de 14 días de MASMOVIL, aos 2,71 de VODAFONE.

No relativo ás reclamacións sobre o servizo fixo, a SETID amosa un abano que vai desde o 0,96% ate máis do 5% de R e TELECABLE. Os tempos de resolución móvense entre os 5,30 días de VODAFONE ate os case 20 de MASMOVIL e R.

Por último, as reclamacións sobre factura no servizo fixo presentan uns rexistros desde o 0,20% de MASMOVIL ate o ,41% de TELECABLE.

Podes ver a Nota de Prensa en Castellano e en Galego e o Estudio Completo

Deixa unha resposta