Cangas acolle un taller sobre a factura eléctrica impartido pola UCGAL

16/10/2018

RecorteA Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) levará a cabo un taller informativo sobre a factura eléctrica no Concello de Cangas. A actividade, impartida por técnicos da asociación, terá lugar este xoves, 18 de outubro, no Salón de Plenos da Casa do Concello, ás 19:30 horas.

As persoas asistentes poderán resolver as súas dúbidas sobre as distintas modalidades de contratación de electricidade, o novo bono social, as diferenzas entre o mercado regulado e o libre, como aforrar na factura eléctrica e outras cuestións relacionadas coa subministración eléctrica. O único requisito para participar é o de levar unha factura o día da actividade.

Esta organización, consciente da complicación que representa coñecer os mecanismos de funcionamento do sector eléctrico e en vista do progresivo aumento das reclamacións dos consumidores nesta materia; quere axudar á cidadanía a comprender a factura eléctrica para garantir os seus dereitos como consumidores. A normativa complexa, a terminoloxía, os cambios constantes no sector … son algunhas das cuestións que xeran confusión nas persoas consumidoras, por iso existen moitas dificultades para interpretar cuestións tan simples como coñecer con que compañía contratamos a electricidade.

Deixa unha resposta