BASES
ORGANIZADOR DO CONCURSO
Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) con domicilio social na Rúa Boiro, 3-1ºA, Código Postal 15705, levará a cabo o concurso #4conceptos en Twitter.
ÁMBITO TERRITORIAL E TEMPORAL DO CONCURSO
O concurso está dirixido exclusivamente a participantes maiores de 18 anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
O concurso comezará o domingo, 22 de novembro, ás 22:00 horas, e rematará o 15 de decembro, ás 13:00 horas. Os premiados serán informados o 18 de decembro, vía Twitter.
PERSOAS LEXITIMADAS
Poderán participar no concurso todas aquelas personas que, vía Twitter, respondan correctamente á pregunta Cales son os #4conceptos que pagas na túa factura da electricidade?, durante o período de vixencia previsto para este concurso. É requisito indispensable que a resposta vaia acompañada do hashtag #4conceptos.
PREMIO
Entre os acertantes sortearemos 5 memorias USB e un ano de subscrición gratis á UCGAL.
COMUNICACIÓN DOS GAÑADORES
UCGAL notificará o resultado do sorteo ós participantes que contesten correctamente á pregunta formulada mediante o envío dunha mensaxe a través de Twitter. Os participantes deberán contestar para confirmar a aceptación do premio.
No suposto de que os gañadores non acepten o premio, non o recollan ou non cumplan co establecido nas presentes Bases, o premio quedará deserto.
Potencia contratada, electricidade consumida, aluguer do contador e impostos #4conceptos
Boas, grazas por participar pero a resposta ten que ser vía Twitter, tal e como especifican as bases: “Poderán participar no concurso todas aquelas personas que, vía Twitter, respondan correctamente á pregunta Cales son os #4conceptos que pagas na túa factura da electricidade?, durante o período de vixencia previsto para este concurso. É requisito indispensable que a resposta vaia acompañada do hashtag #4conceptos”.
Un saúdo