A directiva de UCGAL reúnese con varias entidades

13/02/2020
  • A Unión de Consumidores de Galicia mantivo varias xuntanzas coa Secretaría Xeral de Igualdade, o Concello de Santiago de Compostela e Carrefour

Nestes arranque do 2020, parte da directiva da Unión Consumidores de Galicia (UCGAL) mantivo varias reunións con diferentes entidades co obxectivo de dar conta da súa actividade durante o 2019 e planificar as súas actuacións deste ano.

O pasado 22 de xaneiro, Miguel López Crespo, secretario xeral da entidade, e Rocío Arnoso, integrante da Xunta Directiva, reuníronse con Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade, e Aurora Patiño Doval, subdirectora xeral de Igualdade, para analizar o proxecto Escola para o apoderamento de mulleres do rural: comercio e banca electrónica, desenvolvido durante o pasado ano en oito concellos galegos, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade. Este programa tiña como obxectivo diminuír a fenda dixital, fomentar o apoderamento financeiro e a autonomía económica nun contexto no que o número de oficinas bancarias diminúe progresivamente e no que as transaccións de bens e servizos a través da rede están á orde do día.

Reunión con López Abella

Por outra banda e como consecuencia do traballo que a asociación realiza desde a capital galega, López e Arnoso acudiron a unha xunta con Xosé Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago de Compsotela, e Milagros Castro Sánchez, concelleira de Políticas Sociais, o día 3 deste mes para estudar posibles vías de colaboración en materia  de consumo.

Reunión con Sánchez Bugallo

Recentemente, este mércores, o noso secretario xeral e Francisco Couso Cantos, director de Relacións Institucionais de Carrefour Galicia, intercambiaron impresións en relación á evolución dos prezos que experimentan os produtos desde campo á mesa e, ademais, valoraron a posta en marcha dalgunhas actividades de forma conxunta cuxa finalidade sexa informar, formar e educar ás persoas consumidoras.

Reunión con Carrefour

Deixa unha resposta