A información no etiquetado dos produtos conxelados

10/04/2017

Grazas por participar na nosa enquisa. A súa opinión é importante e axudaranos a acadar datos sobre a información no etiquetado dos produtos conxelados e as fraudes aos que se enfrontan as persoas consumidoras.

Pedímoslles que as súas respostas sexan sinceras dada a importancia do tema a tratar. Se descoñece algunha das cuestións ou non está seguro/a das respostas, non dubide en cubrir a opción NS/NC.

Para premiar esa sinceridade sortearemos entre todas as persoas que completen esta enquisa unha cesta de produtos alimentarios valorada en 100 euros. A cesta está conformada por produtos amparados baixo a Indicación Xeográfica Protexida (I.X.P.) e a Denominación de Orixe Protexida (D.O.P.) de Galicia e o selo do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

Para participar no sorteo deben cubrir a enquisa na súa totalidade e facilitarnos, unha vez terminada, unha conta de correo electrónico e seguir á Unión de Consumidores de Galicia en Facebook.

Cree su propia encuesta de comentarios de usuarios

Deixa unha resposta