Falece Víctor Domingo, presidente da Asociación de Internautas

12/06/2019

Esta mañá chegounos a triste noticia do pasamento do presidente da Asociación de Internautas, Víctor Domingo. Desde esta asociación queremos trasladar o noso máis sentido pésame á familia, amigos/as e compañeiros/as da Asociación de Internautas.

De Víctor recordaremos sempre o seu compromiso coa liberdade de expresión e o acceso á cultura, e a súa defensa dos dereitos das persoas usuarias das comunicacións. Era todo un referente na contorna dixital do noso país desde que en 1998 fundou a Asociación de Internautas, entidade que presidiu ininterrompidamente e cuxa finalidade principal é “a defensa, información e educación dos usuarios e consumidores das comunicacións telefónicas e telemáticas, e calquera outras redes electrónicas promovendo a accesibilidade, a atinxibilidade e universalidade dos mesmos”.

Durante anos foi un compañeiro de camiño, unha voz sabia que nos guiaba polo complexo mundo das telecomunicacións, un amigo sempre disposto a axudar e traballar a prol dos dereitos e liberdades da cidadanía. Botaremos de menos o seu compromiso, a súa humanidade, a súa iniciativa e as súas conversas.

DEP

Deixa unha resposta