Quen queira fútbol, deberá pagalo

12/06/2017
  • ADECES, AI e UCGAL piden ás telecos que non puxen polos dereitos de emisión se non se reducen as pretensións de LIGA, UEFA e intermediarios
  • Solicitan ao Goberno que vixíe a calidade coa que se presta o servizo

Estadio fútbol

A Asociación Prol Dereitos Civís, Económicos e Sociais (ADECES), a Asociación de Internautas (AI) e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), ao fío da polémica xurdida arredor da adquisición dos dereitos do fútbol, queren facer público o seu posicionamento en relación cun tema que, unha vez máis, ocupa o centro do debate e piden ás telecos que non puxen polos dereitos de emisión se non se reducen as pretensións de LIGA, UEFA e intermediarios, facendo recaer a responsabilidade de rendibilizar o investimento e a distribución do sinal en quenes adquiran tales dereitos que, a súa vez, deberán realizala en condicións óptimas de calidade que o Goberno deberá vixiar.

A paixón que desata este deporte entre os afeccionados (millóns) e o negocio que xera para “millóns menos”, provoca demasiado ruído e argumentos falaces para xustificar as decisións que se adoptan.

Os medios recollen a intención da UEFA de incrementar nun 30% os prezos polos dereitos de emisión da Champions League da tempada 2018 ata 2021, continuando a escalada de prezos á que o fútbol tennos afeitos nos últimos tempos.

Ante iso, as tres asociacións mencionadas solicitan racionalidade e a adopción dun discurso didáctico que evite as tensións inflacionistas deste tipo de contidos e os custos de oportunidade derivados de non acometer investimentos noutros campos pola inxente cantidade de recursos que o fútbol require e os desequilibrios que xera na conta de resultados dos operadores.

Por todo iso, ADECES, AI e UCGAL sinalan:

1º.- O fútbol non é e nunca debeu ser declarado como acontecemento de interese xeral. Só unha intromisión gobernamental nun conflito empresarial con fins espurios levou no seu día a outorgarlle esta cualificación normativa (Lei 21/1997).

2º.- Quenes argumentan que estes prezos son necesarios para competir coa Premier e reter ás estrelas, demostran que o seu negocio está moi por diante do interese xeral, xa que non se pode esquecer que para competir coa Liga inglesa é preciso poder obter os seus mesmos recursos ou parecidos e a diferenza de magnitudes entre países é significativa.

futbol datos

3º.- A Liga, a UEFA ou entidades semellantes son asociacións de natureza privada e os gobernos non deben nin deberían facerlles regulacións ad hoc para favorecer a súa posición nas negociacións sobre os dereitos de emisión, como o Real Decreto-Lei 5/2015 para a venda centralizada dos dereitos audiovisuais do fútbol, impulsada pola Liga e Miguel Cardeal (anterior Secretario de Estado para o Deporte) e aprobada polo Goberno de Rajoy en 2015. Dita regulación converteu de facto á Liga nun monopolio saltándose ademais todas as alarmas da Comisión Nacional de Competencia. Pola contra, os operadores de telecomunicacións non puideron adoptar (por regras de competencia) unha posición semellante, provocándose unha espiral inflacionista froito da posición de desequilibrio na negociación.

A única regulación á que debe atender o Goberno é a de garantir que o servizo, da igual quen o oferte, se preste en condicións de calidade.

4º.- Os altísimos prezos pagados polas plataformas de televisión de pago para facerse cos dereitos de emisión do fútbol non poden ser compensados polos usuarios dispostos a contratar este paquete de contidos (que deberían pagar entre 45 e 50 euros mes), o que levou ás plataformas a practicar subvencións cruzadas encubertas, máis ou menos, con melloras do servizo (ampliacións de velocidade ou ampliación de datos móbiles innecesarios, incremento de prezos de paquetes de servizos e inclusión nos mesmos do fútbol á marxe dos desexos do usuario, etc.) e repartir o custo do fútbol entre todos os aboados, financiando todos eles a paixón doutros e as malas decisións dos operadores.

5º.- A diferenza doutros países (Alemaña, Reino Unido ou Francia) con taxas de penetración da televisión de pago en fogares que oscilan entre 55% e case o 80%, en España apenas supera o 30%, o que dificulta obter a rendibilidade desexada.

6º.- Aínda por riba, o 35,3% dos fogares contratan a televisión de pago polas series, fronte ao 30% que o fai polos deportes (Panel de Fogares da CNMC, segundo trimestre de 2016), polo que as decisións de investimentos como as deportivas distan moito de estar xustificadas.

7º.- Para rematar, sinalar que os aboados, entre eles os subscritores das canles deportivas, entenderán que pagar estes prezos detrae recursos para afrontar outros retos: extensión de redes de alta capacidade, ampliación de contidos propios e máis asequibles, etc.

Deixa unha resposta