Iniciado o procedemento arbitral para preferentistas de Bankia

30/04/2013

Logo de que o FROB fixera públicos os criterios de admisión á vía arbitral para os afectados pola comercialización de preferentes e subordinadas das entidades financeiras participadas polo dito organismo xa podemos comentar as características deste procedemento:

A medio da sinatura do convenio, o  Banco, o Emisor e os titulares acordan someter a súa controversia á resolución da Xunta Arbitral Nacional, aceptando expresamente someterse ao laudo arbitral e renunciando a exercitar acccións perante os Tribunais Ordinarios de Xusticia, así como ante calquera outras autoridades ou organismos competentes por estes mesmos feitos ou  desistir das accións xa iniciadas.

O convenio  establecerá que a arbitraxe será en Dereito e que a decisión corresponderá a un árbitro único. No convenio arbitral fixarase a contía máxima que o árbitro poda recoñecer no caso de que o laudo arbitral resulte favorable aos titulares.

O Banco, unha vez asinado o convenio, será o encargado de presentar o mesmo, xunto coa documentación probatoria das pretensións de cada parte ante a Xunta Arbitral Nacional, co fin de que se inicie o procedemento.

A documentación probatoria aportada polo solicitante xunto coa solicitude será tida en conta como escrito de alegacións no trámite de audiencia do procedemento.

No momento da sinatura do convenio arbitral, o Banco entregará ao solicitante as alegacións que aporta ao expediente, dando contestación a aquelas que o solicitante aportara no momento de presentación da solicitude.

Con posterioridade a este momento, non será precisa a aportación de novas alegacións, agás cando calquera das partes teña coñecemento de feitos ou documentos non coñecidos ate o momento, que resulten de valor esencial para a resolución da controversia, en cuxo caso poderán aportarse en calquera momento antes de ditarse o laudo.

O procedemento levarase a cabo dacuerdo co previsto no propio convenio arbitral, así como no Real Decreto 231/2008, do 15 de febreiro, polo que se regula o Sistema Arbitral de Consumo e supletoriamente, polo disposto na Lei 60/2003, do 23 de decembro, de Arbitraxe, sendo de aplicación o procedemento abreviado previsto no artigo 40 do citado Real Decreto.

Descargar Solicitude de Arbitraxe Bankia

Deixa unha resposta