O grupo MásMóvil suspende cun 4,40

12/07/2019
  • Movistar aproxímase ao 8 na calidade global
  • O grupo Orange só alcanza un 5,87 en calidade móbil
  • Euskaltel e Telecable presentan unha aguda asimetría en internet. R apenas supera os 6 puntos en calidade móbil

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) vén de avaliar a calidade dos cinco grupos de operadores de telecomunicacións, segundo os datos publicados[1] pola Secretaría de Estado para o Avance Dixital (SEAD) e as estatísticas de reclamacións rexistradas na Oficina de Atención dos Usuarios das Telecomunicacións (OAUTEL).

(Nota de prensa – El grupo MásMóvil suspende con un 4,40 – (Castelán))

Puntuación global[2]

O grupo MásMóvil é o único que suspende cunha nota de 4,40 puntos sobre 10, penalizado polo alto nivel de reclamacións en fixo.No extremo atopamos a Movistar que lidera a clasificación con 7,75 puntos, un 23% máis que a media dos operadores que actúan en todo o territorio.En segundo lugar sitúase o grupo Vodafone con 7,24 puntos. A puntuación media do grupo Euskaltel é de 7,16 mentres que Orange que supera os 6 puntos. As distancias porcentuais co líder oscilan entre o 6,55% e o 43%.

Táboa Estudo

Operadores presentes en todo o territorio[6]
Datos sobre servizo móbil
Os datos da SEAD sobre as reclamacións móbiles oscilan entre o 0,91% de MásMóvil e o 4,04% de Orange. No que se refire aos tempos de resolución, Vodafone presenta 4,74 días; Orange chega aos 7; e contabilizan máis de 10 días, MásMóvil e Movistar.

En canto ás reclamacións sobre facturas só Orange supera o 1%; o resto de operadores rexistran entre 0,32% e 0,66%. En relación ás contas prepago, Movistar presenta o 0,05% e Vodafone un 1,29%.

Segundo a OAUTEL o volume das reclamacións sobre comunicacións móbiles vai do 1,40 de MásMóvil ao 3,49 de Vodafone. Nas relativas a servizos converxentes, Movistar rexistra 2,18 e Vodafone e MásMóvil superan os 9,50. Para rematar, nas queixas sobre a atención ao cliente, Movistar presenta o menor volume (0,31) e, no outro extremo, Vodafone alcanza 0,67.

As medias dos caudais de descarga[7] móvense entre o 47% para Movistar e o 35% para Orange. Nas subidas, MásMóvil aproxímase ao 58% e Movistar ao 40%.

Datos sobre servizo fixo
A OAUTEL ofrece o volume de reclamacións en comunicacións fixas relativas a MásMóvil e Pepephone (case 100 e 8,58; respectivamente), o que arroxa unha media de 52,41, un dato seis veces superior ao de Movistar.

Por outra banda, os ratios da SEAD sobre reclamacións confirman a mellor posición de Movistar cun 1,86%, seguido do grupo Vodafone (2,35%) e o grupo Orange (4,37%). Nos tempos de resolución Vodafone presenta unha media de 6,50 días –os máis baixos- e nas reclamacións de facturas un 0,27%; neste aspecto, só Orange supera o 1%.

En telefonía fixa, o índice de avarías de Movistar é dun 1,03%, o de Vodafone dun 2,79% e o de Orange chega ao 3,51%. As reparadas en prazo obxectivo chegan ao 90% con Movistar en 46 horas; fronte ao 87% de Vodafone e o 84% de Orange en 48 horas. O tempo máximo está entre as 88 horas con Vodafone e as  120 horas de Orange.

O índice de avarías en Internet vai do 2,32% de Vodafone ao 3,70% de Orange. As avarías reparadas en prazo (48 horas) rozan o 95% con Movistar e algo máis do 85% de Vodafone e Orange. O tempo máximo rexistrado vai desde as 55 horas de Movistar ás máis de 100 dos outros operadores.

Nas redes de fibra ou cable todos os operadores nacionais sitúanse por riba do 90% en ambos caudais, ata os 101% – 97% Mbps no caso de Orange. Non ocorre o mesmo co grupo Euskaltel cunha marcada asimetría nalgúns dos seus operadores: Telecable 101% -82% ou Euskaltel 94% – 101%.

No ADSL o caudal de descarga está entre o 74% de Vodafone e o 81% de Orange. Na subida Movistar rexistra o 81% e Orange ocupa o outro extremo cun 68%.

Operadores presentes só nalgúns territorios[8]
Datos sobre servizo móbil

Segundo a SEAD, as reclamacións móbiles de R alcanzaron o 1,62% e as de Euskaltel o 0,90%. Os seus tempos de resolución son de 14,45 días. No relativo as reclamacións sobre a factura móbil, R rexistra 0,31% e Euskaltel case 0,40%.

Segundo OAUTEL os datos en servizos converxentes mostran que o volume de reclamacións de Telecable acumula un 2,63 e o de Euskaltel un 0,71. Sobre as queixas de atención ao cliente, Telecable carece delas e Euskaltel ten un volume de 0,09.

Datos sobre servizo fixo
Atendendo á SEAD o peor dato de reclamacións é para R (3,47%), séguelle Telecable (2,85%) e preto do 2% está Euskaltel. O tempo de resolución de Telecable é de máis de 18 días mentres que R e Euskaltel suman máis de 14 días. As reclamacións sobre facturas están entre o 0,35% de Euskaltel e o 0,62% de R. Os índices de reclamacións de OAUTEL para as comunicacións fixas destes operadores áchanse entre o 0,76 de Euskaltel e o 4,08 de R.

O índice de avarías en telefonía fixa segundo a SEAD vai do 0,97% de R ata o 1,79 de Telecable. Sendo o nivel de avarías reparadas superior ao 90% en 47 horas (Euskaltel) ou en 48 horas os outros dous operadores. O tempo máximo rexistrado para a resolución de avarías oscila entre as 43 horas de Euskaltel e as 74 de R.

En Internet, R rexistra un volume de avarías do 3,88% fronte ao 2,15% e 2,40% de Euskaltel e Telecable.

En canto ao volume de avarías reparadas nos prazos obxectivos Telecable quédase nun escaso 86%. Os outros operadores superan o 92%. O tempo máximo para a resolución vai desde as 39 horas de Euskaltel ás case 73 de R e as preto de 86 de Telecable.

Ler estudo completo en castelán


[1] Todos os parámetros recollidos polas fontes oficiais transmiten información valiosa, aínda que ás veces escasa a tenor do número de medidas informadas.

[2] A Calidade Global confórmase coa análise de datos diversos en telefonía móbil, fixa e banda ancha.

[3] Operan en Euskadi, Galicia y Asturias

[4] Grupo Euskaltel móbil: Euskaltel, 6,78; R, 6,22  e Telecable, 6,35

[5] Grupo Euskaltel fixo: Euskaltel, 9,30; R, 7,06 e Telecable, 7,27.

[6] Trátase de grupos que operan en todo o territorio prestando servizos de telefonía fixa e móbil, banda larga fixa e móbil e, no seu caso, televisión. Estes grupos son: Movistar, Vodafone (Vodafone e Ono), Orange (Orange e Jazztel), MásMóvil (MásMóvil, Yoigo e Pepephone, únicos membros do grupo sobre os que se ofrece información).

[7] Os operadores autonómicos carecen deste dato.

[8] Trátase do grupo Euskaltel composto por este operador, R e Telecable. Operan só nalgún ámbito territorial (País Vasco, Galicia e Asturias) prestando servizos de telefonía e banda larga fixa, servizos móbiles de telefonía e datos (como operadores virtuais) e, no seu caso, televisión.

Deixa unha resposta