Movistar ten a mellor banda larga

18/11/2018
  • Vodafone é o operador con máis reclamacións nos servizos converxentes
  • En xeral, uns resultados moi discretos cunha ampla marxe de mellora
  • R mellora a súa posición con respecto ao anterior estudo

O Estudo sobre Banda Larga Fixa e Móbil elaborado pola Asociación de Internautas[1] examina a calidade da banda larga en España[2] (BL) e ofrece un retrato dos aspectos máis destacados da valoración dos grupos que operan no mercado, diferenciando tipo de redes (ADSL, cable e fibra), así como acceso fixo e móbil.

A calidade na Banda Larga Móbil (BLM) é a que penaliza as puntuacións globais dalgúns operadores: Grupos Vodafone e Orange, pero tamén R, Telecable e MásMóvil. Non obstante, a Banda Larga Fixa (BLF) non está exenta de problemas: os servizos converxentes, as avarías e o seu tratamento, e os caudais de descarga e subida. En consecuencia, pódese concluír que a banda larga, tanto móbil como fixa, presenta, desde o punto de vista da calidade, grandes diferenzas.

A calidade aporta un elemento de estabilidade (require investimentos continuos para que os progresos se consoliden), fronte á volatilidade dos prezos con múltiples cambios no ano.

Conclusións do estudo

Os resultados reflicten grandes diferenzas entre operadores. Só Movistar supera os 7 puntos e Euskaltel achégase a eles (6,91). O resto de grupos non alcanza os 6 puntos, uns resultados moi discretos cunha ampla marxe de mellora, tanto na súa modalidade fixa como móbil, aínda que sobre todo na segunda, xa que nela cinco dos sete operadores examinados (Grupos Orange, Vodafone e MásMóvil e os operadores R e Telecable) non alcanzan os 5 puntos. Unhas diferenzas que se sustentan nos servizos converxentes, as avarías, a banda larga móbil e os caudais de descarga e subida.

Taboa

A Banda Larga Móbil é o servizo que máis condiciona a valoración do acceso a Internet. Xa sexa como servizo combinado con servizos de voz móbil, que a finais de 2017 alcanzaban os 42,5 millóns de liñas, ou como oferta empaquetada de catro ou cinco servizos presentes en 11,7 millóns de fogares, o 80% dos que teñen banda larga.

Tendo en conta a súa penetración, é especialmente revelador a porcentaxe de reclamacións sobre os servizos converxentes, presentadas ante a OAUTEL (Oficina de Atención aos Usuarios das Telecomunicacións)  en relación cos mesmos. Vodafone (6,86) é o que máis rexistra, multiplicando por 3,6 veces as de Movistar (1,91). Tamén en relación co móbil cabe destacar que a frecuencia das reclamacións oscila entre o 5,47% de Jazztel e o 1,60% en Movistar.

Por outra banda, do volume de reclamacións presentadas ante a OAUTEL, as avarías e interrupcións representan o 16% aproximadamente nas comunicacións fixas; o 4,4% das móbiles e preto do 9% das de servizos converxentes. En consecuencia, é transcendente contar cun servizo técnico que liquide as avarías en prazos razoables. Con todo, en BLF Vodafone emprega 111 horas, máis de 4 días fronte ás 37 de Movistar mentres que Euskaltel e R móvense ao redor das 50 horas.

Neste mesmo capítulo de avarías, é significativo a porcentaxe das reparadas no prazo obxectivo (48 horas xeralmente) que pode oscilar entre o 84% de Jazztel ou o 99% de Movistar, poñendo de manifesto o dimensionamento do servizo.

Os índices de avaría, dependendo se é  algo puntual ou continuado, poden revelar renovación de redes e aparellos, ou un deixamento da atención destes elementos. Nesta ocasión os índices oscilan entre os 2,09 de ONO e os 4,60% de Movistar.

O caudal de descarga ou subida nas ofertas do móbil é un dos puntos débiles do acceso a Internet: a máis velocidade ofertada, menos caudal. Con carácter ilustrativo baste dicir que Movistar consegue un 70% de descarga nas ofertas de 21 Mbps e Yoigo o 27% na súa oferta de 111 Mbps. Na subida ocorre algo parecido: desde o 70% de Vodafone nos 5,10 ao 37% de Orange en 50 Mbps.

O déficit de caudal presente na BLF se irá corrixindo a raíz da proliferación das liñas de alta capacidade nas que se conseguen caudais de descarga superiores ao 95%, salvo Euskaltel e R que apenas superan o 90%. Na subida, a maior parte de operadores está entre o 95% ou máis de caudal, salvo R que non chega ao 90% e Telecable que supera lixeiramente o 80%.

No entanto, na BLF os caudais de descarga en ADSL aínda presentan severos déficits nalgúns operadores, como Jazztel (72%). No outro extremo Movistar aproxímase ao 80%. Na subida os rexistros non son moi diferentes desde o 80% de Movistar, ao limiar do 70% do resto de operadores.


[1] UCGAL difunde os resultado do estudo elaborado pola Asociación de Internautas en virtude do convenio de colaboración entre ambas asociacións.

[2] Durante os cinco primeiros meses de 2018, un equipo de 40 persoas efectuou 2.836.800 medicións de velocidade desde dispositivos móbiles e fixos, coas diferentes modalidade de acceso dos principais grupos de telecomunicacións que operan en España. A estes resultados lle engadiron os correspondentes aos datos públicos sobre avarías de Internet, reclamacións, etc… que declaran os operadores.

Deixa unha resposta