Rebaixas: Menos prezos, mesmos dereitos

30/06/2014

Dende hai unhas semanas son numerosos os establecementos que xa teñen colgados os carteis de rebaixas aínda cando non comezou o período habitual ao que estábamos acostumados, 1 de xullo. Isto é así porque dende hai dous anos “liberalizáronse” as datas de referencia polo que queda a disposición de cada comerciante o marcar a data para comezo ou fin das mesmas.

Aínda que as datas poden modificarse o que non se alteran son os nosos dereitos ao adquirir unha prenda ou obxecto a un prezo inferior ao que tiñan en tempada.

Aquí deixamos unha serie de consellos e recomendacións a ter en conta para non perdernos:

  • O período de rebaixas debe estar anunciado nun sitio visible aínda que o establecemento estea pechado. Nese anuncio debe aparecer a data de inicio e de fin.
  • Podemos atoparnos xunto coas rebaixas outra serie de promocións como saldos ou ventas con regalos. O que nunca poden coincidir son calquera destas con liquidacións. En calquera caso deben estar suficientemente identificadas.
  • A información debe ser clara e nela deben constar as regras aplicables, si defiren das prácticas habituais do establecemento.
  • Son produtos de temporada que xa estaban á venta, non podemos atoparnos produtos antigos, en mal estado ou con taras.
  • Debe aparecer o prezo que tiñan anteriormente e o prezo rebaixado ou o desconto aplicado.
  • É convite que planifiquemos as compras e non nos deixemos levar polo impulsos. Establecer un orzamento ou pagar en efectivo son pequenos hábitos que poden axudarnos a non levarnos sorpresas desagradables ao ver a carteira ao final do día.
  • Asegurarse das posibilidades de cambios antes de realizar a compra.
  • Temos que solicitar sempre o ticket de compra. É o noso dereito e será imprescindible en calquera cambio ou reclamación.

Se entendemos que algún dos nosos dereitos non está sendo respectado sempre poderemos solicitar unha folla de reclamación, é obriga de todos os establecementos dispoñer delas. Unha vez cuberta debemos facerlla chegar ao aos servizos de consumo ou á nosa asociación de consumidores.

Por último lembrade que, coma sempre, mercar nun establecemento adherido á arbitraxe de consumo é sinónimo de máis garantías fronte a posibles reclamacións. Poderemos resolver as nosas reclamacións dun xeito rápido, sinxelo ,gratuíto e vinculante para ámbalas dúas partes.

Deixa unha resposta