Reclamacións no transporte aéreo

16/07/2013

Habituais durante a tempada de vacacións, as reclamacións relacionadas co transporte aéreo debemos dirixilas en primeiro termo contra a compañía aérea.

As reclamacións máis frecuentes son as que refiren a situacións de denegación do embarque, cancelacións, grandes atrasos ou cambio a clase inferior. Para estas situacións o Regulamento (CE) 261/2004 establece os pasos a seguir para reclamar ante estas eventualidades.

  1. Remitir unha reclamación por escrito á compañía aérea.
  2. Se a empresa non atende a nosa reclamación no prazo de 6 semanas ou ben non estamos satisfeitos coa resposta que nos dan, podemos remitir a nosa reclamación á Axencia Española de Seguridade Aérea.
  3. Con independencia de que nos dirixamos ou non á AESA, podemos acudir aos tribunais de xustiza en defensa dos nosos dereitos.
Para presentar a nosa reclamación tanto ante a compañía aérea como ante a AESA podemos utilizar o formulario de reclamacion por incumprimento do regulamento 261
Para coñecer máis polo miúdo os dereitos que nos asisten como usuarios do transporte aéreo podes acceder a esta publicación.

Deixa unha resposta