UCGAL informa en Riveira sobre as cláusulas chan e os gastos hipotecarios

26/05/2017

Xornada Riveira 29 maioO Centro Cultural Lustres Rivas acollerá o próximo luns, 29 de maio, ás 19:30 horas, unha xornada informativa sobre cláusulas chan e gastos hipotecarios impartida por técnicos da Unión de Consumidores de Galicia. O obxectivo desta xornada é axudar á veciñanza a despexar as súas dúbidas sobre as cláusulas chan e, en particular, sobre as respostas que están a recibir ás súas reclamacións, desde as diferentes entidades bancarias. A actividade é libre e gratuíta ata completar aforo.

Trala sentenza ditada polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), o número de consultas sobre as cláusulas chan aumentou e agora que as entidades bancarias xa están dando resposta ás reclamacións das persoas afectadas preséntanse novas problemáticas: a escasa claridade das respostas, os motivos das denegacións, a fiabilidade das cantidades a devolver, etc.

Esta xornada é unha extensión das actividades informativas que UCGAL levou a cabo por toda Galicia durante os meses de xaneiro e febreiro. Durante dous meses os técnicos desta asociación impartiron de 26 charlas nas que participaron  1.063 persoas.

Deixa unha resposta