O Supremo rectifica, agora é o banco quen debe asumir o imposto de rexistrar unha hipoteca

18/10/2018

O Tribunal Supremo cambia de criterio respecto de quen debe aboar os impostos derivados da constitución da hipoteca. O Alto Tribunal, que antes eximía ao banco do pago do mesmo e ditaminaba que debía ser o cliente quen o asumise, vén de sinalar que quen debe abonar o imposto sobre actos xurídicos documentados nas escrituras públicas de préstamo con garantía hipotecaria é a entidade prestamista.

Sentenza de 16 de outubro, da Sala Terceira do Tribunal Supremo (Sección Segunda).

Deixa unha resposta