Talleres prácticos: Descifrando o enigma da factura eléctrica

2/11/2017

Taller Gratuíto

Os talleres formativos Descifrando o enigma da factura eléctrica serán eminentemente prácticos e estarán encamiñados a identificar, esclarecer e coñecer os dereitos das persoas consumidoras e usuarias no ámbito do sector eléctrico, así como os datos esenciais da factura eléctrica. Ademais, proporcionarase información suficiente que permita obter un aforro na factura da luz.

Para a realización destes talleres será necesario que os asistentes acudan cunha ou varias facturas da luz.

Os contidos a desenvolver nos talleres son os que se describen a continuación:

  • Distribución e comercialización do subministro eléctrico.
  • Facturación
  • Sensibilización e concienciación da importancia no aforro na factura eléctrica.
  • O novo Bono Social
  • Utilización de simuladores de consumo e ferramentas de apoio a disposición das persoas consumidoras para a comprensión das facturas.

A duración de cada un dos talleres establécese en dúas horas.

PRAZAS LIMITADAS.

INSCRICIÓNS: 981 56 64 11 ou enviando correo electrónico a prensa@consumidores.gal

Datas e horarios:

  • AMES: Martes, 14 de novembro. 20:00 horas. Pazo da Peregrina.
  • CANGAS: Mércores, 15 de novembro. 19:30 horas. Salón de plenos do Concello de Cangas.
  • ARZÚA: Mércores, 15 de novembro. 19:00 horas. Capela da Madalena.
  • SANTIAGO: Xoves, 16 de novembro. 18:40 horas. CSC Casa Agraria.(Meixonfrío)
  • MOAÑA: Xoves, 16 de novembro. 20:00 horas. Salón de plenos do Concello.
  • AMOEIRO: Venres, 17 de novembro. 18:00 horas. Casa da Cultura.
  • RIVEIRA: Venres, 17 de novembro. 19:30 horas. Centro Cultural Lustres Rivas.
  • PONTEVEDRA: Martes, 21 de novembro. 19:00 horas. Centro Cultural Monte Porreiro.
  • MARÍN: Mércores, 22 de novembro. 19:30 horas. Biblioteca Municipal.

A maiores e en colaboración con FADEMGA Plena inclusión Galicia levaranse a cabo tres actividades máis para entidades federadas e que se desenvolverán en Vigo, Ourense e Pazos de Borbén.

Deixa unha resposta