UCGAL e GADISA asinan un convenio de colaboración

4/07/2017
  • O convenio estará vixente durante un ano, podendo prorrogarse por un período igual ao da vixencia do mesmo

O secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López Crespo, asinou hoxe co director de marketing de Gadisa Reail S.L.U. (GADISA), Antonio Cortés Lobato, un convenio de colaboración para garantir e mellorar a protección dos dereitos dos consumidores e usuarios galegos, así como para potenciar a información da sociedade en relación á distribución comercial minorista ó consumidor a través das cadeas de supermercados.

Á esquerda o secretario xeral da UCGAL e á dereita o director de marketing de GADISA.

Á esquerda o secretario xeral da UCGAL e á dereita o director de marketing de GADISA.

Ambas as partes consideran que a colaboración entre organizacións cidadás e corporacións empresariais contribúe ó desenvolvemento e mellor funcionamento tanto da sociedade como do sistema produtivo. Así mesmo, ven a necesidade crecente de crear marcos estables de colaboración e coordinación entre o sector da distribución comercial e as entidades que traballan a prol da defensa das persoas consumidoras e usuarias. O diálogo permanente entre estas partes axudará a adaptar a información e a formación do sector da distribución ós novos requirimentos e circunstancias que afectan á sociedade.

As actividades de colaboración entre ambas entidades abarcarán desde campañas de información e sensibilización ata a realización de estudos e calquera outra acción que UCGAL e GADISA consideren de interese para a consecución dos obxectivos comúns pretendidos. O convenio terá unha duración dun ano e se prorrogará por iguais períodos de tempo.

Sinatura convenio UCGAL GADISA 2

Deixa unha resposta