UCGAL e Mercadona presentan a mostra ‘Os Benfeito e os ODS’ en Ourense

4/12/2019
  • A exposición poderá visitarse desde este mércores ata o 17 de decembro no Centro Cívico A Ponte

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) e Mercadona inaugurarán o próximo 11 de decembro a exposición Os Benfeito e os ODS no Centro Cívico A Ponte de Ourense. Unha mostra cuxo obxectivo é dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) á cidadanía e concienciar sobre a importancia de adoptar hábitos respectuosos co medio ambiente.

CARTEL EXPOSICIÓN

A mostra estará composta por oito ilustracións, elaboradas polo debuxante Marcos García Rodríguez e protagonizadas pola familia Benfeito. Os Benfeito é unha ferramenta deseñada pola UCGAL para a difusión de mensaxes que desde a asociación, por si mesma ou en colaboración con outras entidades, se lle queren transmitir á sociedade, atendendo sempre á diversidade do público. A exposición poderá visitarse ata o 17 de decembro e nos vindeiros meses tamén poderá gozarse noutras vilas da comunidade.

Por outra banda, o taller de consumo responsable co medio ambiente, organizado por UCGAL e Mercadona, para o mércores 11 foi suspendido ao non acadarse un mínimo de participantes.

Deixa unha resposta