A UCGAL organiza talleres sobre comercio electrónico en doce localidades galegas

30/10/2019
  • A seguridade, a prevención fronte aos calotes, os dereitos como persoas consumidoras e os procedementos de reclamación centrarán cada un dos talleres

A actividade, que será impartida por persoal técnico da Unión de Consumidores de Galicia, está dirixida a veciñas e veciños destes municipios que desexen introducirse no mundo das compras por Internet con seguridade e o acceso é completamente libre.

Os talleres formativos sobre comercio electrónico teñen por obxectivo contribuír á redución da fenda dixital entre os consumidores e consumidoras con menor experiencia no proceso de contratación por Internet así como a dar consellos que permitan que os procesos de compra sexan seguros.

A actividade estruturase en catro bloques que se centraran no proceso anterior á contratación e as medidas de seguridade a ter en consideración (1), o proceso de compra, facendo fincapé na figura do vendedor e na prevención de calotes (2), os aspectos posteriores á compra, como son as garantías e o dereito de desistimento (3) e un último bloque que se centrará nos procedementos de reclamación e nos mecanismos de resolución extraxudicial de conflitos.

Esta actividade forma parte dun proxecto formativo que a Unión de Consumidores de Galicia desenvolverá por 12 localidades de Galicia e que conta co financiamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
calendario

Deixa unha resposta