UCGAL traslada ós grupos parlamentarios a súa inquedanza polas noticias que apuntan a un cambio na normativa lusa tras o dieselgate

23/03/2018
  • Tamén solicitouse información á Consellería de Industria da Xunta de Galicia, ó Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e á Dirección Xeral de Tráfico

Esta semana Unión de Consumidores de Galicia solicitou información á Consellería de Industria da Xunta de Galicia, ó Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e á Dirección Xeral de Tráfico ó respecto da situación na que se podan atopar as persoas consumidoras propietarias dun vehículo do grupo Volkswagen afectado polo software que altera as emisións de NOx que non se sometera á revisión proposta polo consorcio alemán.

Recentemente algúns medios de comunicación informaron sobre un cambio na normativa lusa que establecería a prohibición de circular polas estradas do país aos vehículos do grupo alemán que non tiveran pasado a revisión de servizo ofrecida polo consorcio automobilístico, baixo a consecuencia de que o automóbil non será apto para a circulación, podendo chegar a ser inmobilizado e incautada a documentación.

De verificarse estas informacións, UCGAL teme que este cambio na normativa do país veciño podería ter impacto nos consumidores e consumidoras galegos que viaxen a Portugal cun vehículo que non se sometera á revisión proposta pola marca. Unión de Consumidores de Galicia considera que a administración debería facer as pertinentes averiguacións para valorar o alcance e consecuencias desta medida.

Neste sentido, UCGAL tamén trasladou as súas dúbidas e inquedanzas ós grupos parlamentarios instando ós mesmos a aportar información que proporcione seguridade ós consumidores afectados polo dieselgate.

Deixa unha resposta