UCGAL alenta ás persoas afectadas polo caso Volkswagen a reclamar

12/04/2018

Dieselgate

  • A UE non protexeu os intereses das persoas pero si os da multinacional alemá

Unión de Consumidores de Galicia fai un chamamento ós galegos e galegas adquirentes dun vehículo do grupo Volkswagen afectado polo software que alterara os resultados dos controis técnicos de emisións contaminantes para que se animen a reclamar os seus dereitos neste caso.

Tanto as persoas que sendo titulares dun vehículo destas características non levaron o coche á revisión proposta polo consorcio alemán porque dubidan sobre as consecuencias da mesma como os usuarios que tras pasar dita revisión consideran que as características do automóbil se viron afectadas cunha diminución da potencia, un aumento do consumo de diésel, etc; non deben deixar pasar o tempo para iniciar a súa correspondente reclamación, proceso para o que poden contar coa UCGAL.

Esta fraude a nivel global afectou a millóns de consumidores e mentres nos Estados Unidos a multinacional tivo que recoller os coches e restituír o diñeiro, no noso país nin tan sequera se plantexan accións para compensar ós afectados.

O problema dos vehículos Volkswagen que montan motores co software que altera as emisións de NOx só ten un culpable, o consorcio alemán, polo resulta abraiante a pasividade dos estados membros da UE á hora de actuar contundentemente e máis se comparamos a súa permisividade coa reacción ó outro lado do Atlántico. Certo que a normativa é diferente pero as autoridades europeas están a permitir que as persoas afectadas sigan conducindo vehículos cuxas especificacións técnicas non se corresponden coas ofertadas no momento da compra e deixan que o grupo leve a cabo “revisións” nos automóbiles nas que UCGAL considera que se vulneran os dereitos básicos dos consumidores.

Deixa unha resposta