Workshop sobre consumo responsable e economía circular en Moaña

27/05/2019
  • A actividade gratuíta está organizada pola UCGAL

O concello de Moaña acollerá o vindeiro xoves, 6 de xuño, ás 20:00 horas o Workshop ‘Que facemos cos residuos? Cidadanía, consumo e sustentabilidade’. Trátase dunha actividade pensada especialmente para comerciantes e entidades ecoloxistas, aínda que está aberta a todas aquelas persoas interesadas. O workshop, organizado pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) e Ecoembes, en colaboración co Concello de Moaña, terá lugar no salón de plenos da Casa do Concello.

A actividade versará sobre dúas liñas de actuación favorables co medio ambiente: a economía circular e o consumo responsable. Así mesmo, debullaranse os retos aos que teñen que facer fronte as persoas consumidoras nos procesos de redución de residuos e tratamento dos mesmos. Tamén haberá espazo para tratar cuestións de plena actualidade como a nova normativa sobre bolsas de plástico e o abandono de lixo na natureza.

A sesión, que terá unha duración máxima de 45 minutos, será impartida por Bruno de Llano, especialista en xestión Local e Autonómica de Ecoembes.

Cartel Xornada Moaña

Deixa unha resposta