Workshop sobre economía circular e consumo responsable en Bertamiráns

4/02/2019
  • UCGAL e Ecoembes organizan esta actividade

O salón de plenos da Casa do Concello de Ames, en Bertamiráns, acollerá o vindeiro xoves, 7 de febreiro, ás 20:00 horas, o Workshop ‘Que facemos cos residuos? Cidadanía, consumo e sustentabilidade’, organizado pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) e Ecoembes, coa colaboración do Concello de Ames. Esta actividade gratuíta está especialmente dirixida aos comerciantes e entidades ecoloxistas pero está aberta a todas aquelas persoas que desexen asistir.

O obxectivo do Workshop é presentar os retos que afrontamos no tratamento de residuos e dar a coñecer propostas e liñas de actuación favorables co medio ambiente como a economía circular e o consumo responsable. Así mesmo, abordaranse dúas cuestións de actualidade como son a nova normativa sobre bolsas de plástico e o abandono de lixo na natureza. O workshop terá unha duración máxima 45 minutos e será impartido por un experto de Ecoembes

Cartel

Deixa unha resposta