Vigo acolle unha xornada sobre tendencias no comercio de peixe desde o punto de vista dos consumidores e do comercio especializado

3/09/2018
  • Un mestre peixeiro realizará unha demostración de como elaborar no punto de venda
  • Actividade gratuíta para a que é imprescindible inscribirse

Cartel XornadaGrazas á cofinanciación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e do Fondo Europeo e Marítimo da Pesca (FEMP) o 10 de setembro celebrarase a primeira actividade conxunta da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), a Asociación de minoristas do Porto de A Coruña e Fedepesca,  cuxos obxectivos son impulsar o asociacionismo do comercio detallista, mellorar o coñecemento das necesidades das persoas consumidoras galegas, explicar as obrigacións en trazabilidade e información ao consumidor final e impulsar novos servizos na peixaría, como as elaboracións dos/as peixeiros/as profesionais, sempre seguindo a normativa sanitaria.

O consumidor de produtos do mar mudou e segue nun cambio constante, do mesmo xeito que as súas demandas, polo que as peixarías deben adaptar a súa oferta ao seu comprador.

Para poder competir, os profesionais necesitan dunha reciclaxe continua que lles permita enfrontarse aos novos retos. Xa non vale con ser só un bo vendedor e saber manipular moi ben o produto. Hoxe é necesario saber de novas tecnoloxías , de venda on-line, de sustentabilidade, de comunicación e tamén ofrecer innovacións  para dar resposta ás necesidades dos consumidores do século XXI.

Unha das tendencias máis claras é a de poder ofrecer aos consumidores produtos elaborados na peixaría e o consumo dos produtos na tenda, o que se denomina degustación. Poder comer produtos á venda sen ser un negocio de hostalería, sen atención en mesa, unha opción que dinamiza a venda.

De como facelo e de moito máis falarase o vindeiro 10 de setembro nunha xornada que se celebrará de 12.00 a 14.00 horas no Mercado de Progreso de Vigo (Rúa do Progreso 28).

Esta xornada é gratuíta pero é imprescindible inscribirse, nos seguintes correos electrónicos e teléfonos:

FEDEPESCA: 91.319.70.47 ou leticiamoreno@fedepesca.org

ASOC. MINORISTAS CORUÑA: 981.138.427 ou info@minoristaspuertocoruna.com

UCGAL: 981.566.411 ou prensa@consumidores.gal


PROGRAMA

Programa Xornada

Deixa unha resposta