Afectados polas cancelacións de Ryanair

A aeroliña irlandesa Ryanair anunciou esta fin de semana que cancelará preto de medio centenar de voos diarios durante as próximas seis semanas. Unha manobra inesperada que en Galicia, entre o aeroporto de Santiago e o de Vigo, pode chegar a afectar a máis de catro mil persoas, cifra á que hai que sumarlle os voos cancelados no aeroporto Francisco Sá Carneiro de Oporto.

Unha vez máis parece que segue compensando deixar tirado a milleiros de usuarios e usuarias, e que pasa cos teus dereitos, coa túa indemnización e cos prexuízos que sofriches?

Se eres unha das persoas afectadas por estas cancelacións, contacta coa Unión de Consumidores de Galicia para que levemos adiante a túa reclamación. Planteamos iniciar unha acción colectiva. Súmate!

 

cforms contact form by delicious:days