Aprende a consumir

Nesta ampla sección, desde a Unión de Consumidores de Galicia ofrecémosvos recursos para mellorar a vosa formación e información como consumidores e usuarios.

Entre estas ferramentas podedes acudir á nosa aula virtual, na que atoparedes información sobre as máis diversas temáticas relacionadas co eido do consumo ou á sección de lexislación na que iremos incluíndo aquelas normas de especial relevancia. Se sodes asociados, ademais incluiremos na sección preguntas e respostas aquelas cuestións que nos trasladedes e que consideremos de xeral interese para outros consumidores.

Como ademais cremos que é posible outro tipo de consumo, na sección consumo responsable abordaremos consellos interesantes e como non, tamén denunciaremos prácticas que consideremos abusivas ou que vulneren dereitos dos cidadáns.

E como non, seguiremos defendendo fórmulas de resolución extraxudicial de conflitos como a arbitraxe de consumo e a mediación.