Preguntas dirixidas á UCGAL polos Usuarios da Web
É posible que un grupo de distribución ofreza prezos reducidos aos consumidores no litro de leite e que ao tempo se acade unha boa retribución aos nosos gandeiros?Desde o noso punto de vista si é posible. Para elo cómpre que o grupo de distribución do que se trate estableza unha política de conformación de prezos de abaixo cara arriba, de sorte que en primeiro lugar se garanta un pago aos produtores que lles permita desenvolver a súa actividade en termos de rendabilidade. Posteriormente dependerá do grupo de distribución optar por acadar estes produtos a medio de distintos intermediarios (o que conlevará un aumento dos prezos finais) ou non. Desde a UCGAL cremos que mesmo é posible pagar dignamente aos produtores e ofrecer prezos baixos, incluso prezos reclamo.
Efectivamente, os establecementos de alimentación non poden ter á venda produtos cuxa data de caducidade xa teña transcorrido, o mesmo podemos dicir das datas de consumo preferente. Non é pouco infrecuente atopar situacións nas que os establementos adoitan promocionar ou ofertar distintos produtos, nestes casos cómpre por especial atención xa que ás veces se trata de produtos cuxa data de caducidade está moi próxima.
Non. O establecemento é responsáble das ofertas publicitarias que divulga e está obrigado a respetalas. Alegar que houbo un erro de imprenta supón eludir a súa responsabilidade polo contido dunha publicidade que só a ese establecemento compete. A publicidade no noso país ten a mesma condición que calquera cláusula dun contrato e o seu contido pode ser esixido polos consumidores. O establecemento está obrigado a vender o produto e se non díspón del a conseguirllo durante todo o tempo de vixencia da oferta publicitaria. Ademais a inclusión da expresión agás erro tipográfico está considerada como unha cláusula abusiva.
Non. A normativa de comercio sinala que o comerciante ten obriga de vender os produtos que oferta e non poderá establecer limitación ningunha ao número de unidades que se desexa adquirir. Rexe a regra de que o que primeiro chega primeiro merca.
Non só teñen tan boa calidade como os produtos de marcas comerciais senón que algúns distribuidores de produtos de marca branca impoñen aos fabricantes e envasadores criterios de calidade moito máis estrictos que algunhas marcas comerciais moi reputadas. En canto á porcentaxe de aforro en alimentación, os datos que a UCGAL manexa a nivel de Galicia sinalan unha porcentaxe de aforro de ata o 35%.
Si. Un establecemento de alimentación non adoita prestar este servizo, mais se así se fai deben sinalar claramente o límite temporal no que se vai prestar este tipo de servizo. Pode ocorrer que no caso que se sinala xa tivera transcorrido ese tempo límite. En caso de que non se estableza esa limitación non poderán negarse a aceptar o noso encargo.
Efectivamente, a normativa vixente obriga a que na etiqueta se mencione este dato. Ademais está a piques de aprobarse unha normativa europea que obrigará a facer un seguemento de todos os produtos OMG, polo que calquera alimento que conteña algún ingrediente derivado dun OMG deberá sinalalo na etiqueta.