Preguntas dirixidas á UCGAL polos Usuarios da Web
Vales de compraAs consultas sobre a entrega de vales de compra seguen a xurdir a cotío en materia sobre todo de compra de textil e calzado. Fagamos un resumo dos nosos dereitos:
– Existencia de cartel ou cláusula no tique de compra que estableza un prazo de devolución. É o que se chama dereito de desistimento. Nestes casos o consumidor ten dereito a que se lle devolvan os cartos aboados durante todo o tempo en que se conceda este dereito nos carteis ou tiques. Para o caso de que o tique sinale unha cousa e os carteis outras (rebaixas) haberemos de atender á condición máis favorable para o consumidor. En todo caso as condicións do tique teñen a consideración de condición particular fronte as condicións xerais dos carteis.
– No caso de que non se conceda dereito de desistimento. Entón o consumidor ten dereito a que se lle devolvan os cartos só no suposto de que o produto entregado teña algún defecto e o establecemento non conte con outro produto idéntico para susbtituílo. Non temos porque aceptar un vale de compra.
– Se non se concede dereito de desistimento e o produto non adolece de ningún defecto entón en principio non teremos dereito nin á substitución ou devolución, agás que o comerciante nos conceda algún destes dereitos.
Aínda que polo xeral temos bastante clara a diferencia entre ambos, ímos facer un pequeno recordatorio:
– Rebaixas. Consisten nun tipo especial de venda de produtos da tempada en vigor. Só supoñen unha diminución da marxe comercial do empresario. Temos os mesmos dereitos que durante a tempada ordinaria, tanto no que atinxe a formas de pago e dereitos de cambio ou devolución. É obrigatorio que se sinale o prezo anterior e o prezo novo (ou a porcentaxe de desconto que se aplica sobre o prezo anterior). Non poden porse á venda produtos que non estivesen no establecemento a lo menos durante o mes anterior ao inicio das rebaixas.
– Saldos. Consisten nun tipo especial de venda de produtos defectuosos (tarados) ou obsoletos (en roupa, de tempadas anteriores). A información sobre os produtos que se venden como saldos debe ser clara e no caso de que no establecemento se vendan saldos e artigos normais deben estar claramente separados os uns dos outros.
Todo contrato celebrado no noso domicilio conleva un dereito a desistir dentro do prazo de sete días sen que teñamos que dar explicación ningunha. Transcorrido este prazo se desexamos cancelar o contrato cando menos perderemos o sinal entregado. Cuestión distinta sería que poidamos demostrar que existe un incumprimento das condicións acordadas coa empresa polo que neste caso deberemos comunicarlles este incumprimento previamente. Cómpre por especial coidado con este tipo de contratos xa que moitas veces cando nos ofrecen pagar a prazos realmente estannos ofrecendo un contrato de préstamo cunha entidade financeira. Debemos polo tanto ler polo miúdo todos os documentos que nos dean a firmar. En todo caso comprobemos que nos entregan undocumento de revogación para poder desistir do contrato no prazo dito de sete días.
No caso que nos comenta, non parece que fora vostede quen solicitou os servizos dun profesional para que lle instalase a vitrocerámica senón que o propio establecemento se encargou de levarlla a casa directamente ou ben a medio doutra empresa. Neste caso e segundo a Lei de Garantías o vendedor é responsable non só da venda senón tamén da instalación con independencia de que a realizase directamente el ou a medio dunha empresa subcontratada.
Dubidamos que sexa así xa que durante o tempo en que o teléfono foi entregado para reparar e logo para subsituír trancorriron distintos prazos que suspenderon o cómputo do prazo de garantía de dous anos que a Lei confire a este tipo de produtos. Cando deixamos un aparello en garantía a reparar o tempo que está en mans do servizo técnico non conta como prazo de garantía. Nembargantes cando nos substitúen o equipo este conta con tanto tempo de garantía como restase ao primeiro equipo desde a data da súa compra.
Como primeira opción o establecemento ten tentar subministrarlle outras cadeiras iguais (non cómpre reparación xa que tal solución non é viable). No caso de que non poidan acadar outras iguais deberán devolverlle os cartos.
Desde o noso punto de vista, o vendedor está obrigado tanto a proceder á reparación como á substitución do tv no caso que proceda. Se para isto debe enviarse o equipo a un servizo técnico oficial da marca, esta actuación debe correr por conta do vendedor e non do consumidor.
Para casos como os que nos sinala é interesante facerlle unha revisión ao vehículo, tanto dos elementos electrónicos (que nos poden sinalar os kms percorridos) como dos mecánicos (visualmente pode comprobarse o seu grao de uso). En calquera caso, se comprobamos que os kilómetros que ten o vehículo son superiores aos declarados na venda estariamos ante un suposto de estafa tipificado no código penal polo que que comprería denuncialo en vía xudicial.
Este problema que nos sinala é máis habitual do que parece xa que aínda que a Administración está a traballar a nivel nacional para unificar as tallas no textil aínda non se ten implantado definitivamente esta medida.