Efectivamente, este tipo de práctica é por desgraza máis habitual do que parece. En outras ocasións o documento de pago está composto por dúas partes figurando nunha delas que se trata dun orzamento e noutra que se trata da factura e moitas das veces nin sequera de manuscriben os conceptos senón que se risca cun X as distintas opcións pre impresas tanto no orzamento como na factura. Unha práctica que demostra que en momento alguno os prezos respostan á realidade do problema do consumidor senón a distintas traballos tipo polos que se cobra un prezo desorbitado con independencia de que o tempo e os materiais empregados sexan mínimos. Polo tanto sempre debemos esixir un orzamento escrito antes de que comezen os traballos e asinalo se estamos conforme con el.
Non desde logo. Tanto a Lei de Garantías como o Regulamento sobre reparacións de aparellos domésticos sinalan que a reparación deberá facerse nun prazo razoable e sen maiores inconvintes para o consumidor. Ademáis se o motivo da tardanza fose a falta dalgunha peza saibamos que a subministración das mesmas deberá facerse no prazo de quince días se se trata dun aparello de fabricación nacional e dun mes se é de importación.
Si. Os talleres de reparación de vehículos están obrigados a por a disposición dos usuarios as pezas que foran substituídas con motivo dunha reparación. No caso de que o vehículo estea en garantía non teñen porque entregarnolas xa que nós non somos quen vai pagar a factura de reparación (senón o fabricante) pero sí amosarnos as pezas antigas.
En absoluto, é máis aconsellamos facer esta proba de cando en vez (filtros de aceite, p.ex) e logo do cambio comprobar que a peza instalada no noso coche non ten a marca que nós lle fixemos á antiga
En principio todos os talleres están obrigados a dar unha garantía de tres meses ou dous mil quilómetros (agás en motos e camións que será de quince días). Os servizos oficiais adoitan (pese a ser un pouco máis caros polo xeral) a dar garantías moito maiores (normalmente dun ano). Se o vehículo estivera todavía en garantía deberemos lembrar que o tempo de garantía será o máis favorable para o usuario; así se o coche xa tiña ano e medio e o taller da garantías de reparación dun ano, disporemos deste prazo de garantía desde a reparación por máis que a garantía da venda xa rematara hai seis meses.