Preguntas remitidas desde a web
Existe algún límite para a aplicación dun tipo de xuro polo uso dunha tarxeta de crédito?Segundo o Banco de España, non. O único límite en relación cos xuros é o relativo a descubertos en conta corrente con consumidores, respecto do que a Lei de Créditos ao Consumo establece un límite máximo, consistente en que a comisión percibida, xunto cos xuros, non poderá dar lugar a unha TAE superior en 2,5 veces o interés legal do diñeiro.
Non. O proceso obrigatorio para as instalacións de gas, é o da inspección que deberá ser realizada cada cinco anos. Cuestión distinta é a que atinxe ás revisións das caldeiras as cales si deberán ser revisadas anualmente con independencia do tipo de enerxía que as alimente, gas, gasóleo, etc.
Efectivamente, logo de realizar a instalación, a súa comunidade de propietarios deberá esixir á empresa instaladora o Boletín de Instalación e o seu correspondente Protocolo de Probas como garantía da instalación, documento que é necesario para calquera reclamación ante os organismos competentes
Efectivamente, o servizo de antena nunha comunidade de veciños ten a natureza de común e a falta do seu uso non exime do cumprimento de contribuír ao seu sostemento
O máis probable e que ese documento que lle remitiron conleve algunha modificación das coberturas que vostede tiña contratadas. Ao noso xuízo a forma empregada non nos parece correcta se non se acompaña un escrito no que se informe debidamente das modificacións que unilateralmente se pretenden impor. É importante que se non se lle sinala polo miúdo en que consiste a modificación da súa póliza llo requira á súa compañía. Lembre que non ten vostede porque aceptar esa modificación polo que si non lle interesa continuar con ese seguro pode vostede resolver o contrato.
Para os casos de atraso ou cancelación a compañía aérea está obrigada a prestarlle distintos tipos de asistencia, así procurarlle comida e bebida, facilitarlle unha chamada de teléfono ou o envío de correo electrónico e se as circunstancias conlevan ter que pasar noite ata que se realice a saída do seu voo tamén deberá presarlle aloxamento.
Esta modalidade de cobro de comisións está empezando a darse cando se usan caixeiros que as entidades califican de deslocalizados (fóra das ubicacións físicas das súas sucursais). Aínda que non está prohibido que as entidades financeiras cobren as comisións que estimen, deben comunicalas ao Banco de España e tamén aos clientes, ben a medio de carta ben sinalandoo nos taboleiros de anuncios das sucursais. En caso de non comunicarse aos clientes, poderemos reclamar a devolución das mesmas.
A empresa transportista é responsable da equipaxe que transporta e deberá indemnizarnos por esa perda. Para presentar a reclamación no caso de que a empresa non se faga cargo deberemos dirixirnos á Xunta Arbitral de Transportes de Galicia. Cómpre presentar o billete e unha declaración do contido e peso da nosa maleta. En todo caso lembremos que este tipo de reclamación adoitan resolverse mediante o pago dunha indeminización fixa por cada quilo transportado polo que se levamos cousas de valor é recomendable levalas connosco na cabina e non deixalas no portaequipaxes.
Legalmente non está prohibido que os establecementos dispoñan de equipos de videovixiancia mais están obrigados a ter carteis informativos que o sinalen facendo referencia aos dereitos de acceso e cancelación. En todo caso os responsables do establecemento están obrigados a comunicar esta circunstancia así como os ficheiros que se xeren á Axencia de Protección de Datos. Esta falta de comunicación é constitutiva de infracción administrativa.