Vivenda

Consultas remitidas polo usuarios da web

Pode esixirme o arrendador do piso que teño alugado que lle pague cen euros polo atraso no pago da renda deste mes?

Desde logo que a priori non. Nun arrendamento de vivenda (por máis dun ano) este tipo de pactos podería resultar abusivo. Lembremos que o propietario dispón de ferramentas xurídicas coas que acadar o pago das rendas non satisfeitas á parte da propia existencia dunha fianza.

Canto tempo ten o propietario dun piso para devolverme a fianza logo da entrega das chaves?

Logo de proceder á liquidación das cantidades pendentes de pago (recibos, etc) así como das que procedan en virtude dos desperfectos causados na vivenda deberá procederse á devolución da fianza. En todo caso desde a entrega das chaves deberá devolverse esa cantidade, comezando a xerar xuros desde que trancorran trinta días desde a entrega.

Hai dous ano que merquei unha casa e agora comeza estragarse a pintura do salón e do comedor. O promotor dime que xa non dispoño de acción para reclamar. Qué quere dicir isto?

Segundo a vixente Lei de Ordeación da Edificación, os defectos de acabado dunha vivenda (pintura, barnís, plaquetas, etc) poderán ser reclamados logo dun ano desde a entrega. Se xa transcorriron dous como vostede dí non habería posibilidade de reclamación. Por isto cómpre que cando se merque unha vivenda se preste moita atención aos defectos que se aprecien para reclamalos o antes posible.

Merquei unha vivenda sobre plano e na información que se me facilitou constaba que a vivenda tiña 90 m2 útis. Agora fanme entrega da vivenda e resulta que a vivenda tan só ten 84 m2. Qué podo facer?

Se existía publicidade sobre as dimensións da vivenda e esta foi incumprida e se o propio contrato así o sinalaba e posteriormente a vivenda dispón dunha superficie inferior podemos presentar unha denuncia administrativa por unha banda para que a empresa sexa sancionada. Ademais dispoñemos da posibilidade de reclamar xudicialmente ou por vía arbitral de consumo unha rebaixa do prezo (ou devolución parcial) xa que existe o que se chama un defecto de cabida. A cantidade a reclamar poderá ser igual á proporción de superficie que falta ata a publicitada ou contratada. En todo caso cómpre ter claro que se trata de superficie útil e non superficie construída. Se a vivenda foi proxectada durante a vixencia da Lei de Vivenda de Galiza en todo caso podería terse dado unha infracción xa que esta norma obriga a informar aos consumidores da superficie útil da vivenda.

Ten a obriga de voltarme os cartos pagados pola compra duns electodomésticos para unha vivienda da cal o seu promotor se atopa en concurso de acreedores e que dubido que finalmente me chegue a ser entregada?

A situación de concurso de acreedores en que se atopa a empresa promotora non significa necesariamente que a vivienda non chegue a ser entregada. Ao contrario a dita empresa tentará acadar fontes de ingresos e unha delas será a derivada da entrega das viviendas próximas a rematarse. Sería importante que tamén se personase no concurso para que no suposto de que finalmente non se entregue a vivienda teña máis posibilidades de recuperar os cartos entregados a conta. Si a compra dos electrodomésticos ten a súa orixe na subministración dese proveedor para toda a obra e non existe polo tanto un contrato independente entre vostede e esa empresa poderá vostede recuperar os cartos dentro do proceso concursal. Se a operación realizouse directamente entre vostede e ese proveedor as posibiidades veranse moi reducidas e dependerá de que finalmente non se entregara a vivienda e poidese tentar a resolución do contrato.