Actividades e Documentación

Para o desenvolvemento da campaña informativa os técnicos da UCGAL están a utilizar un díptico informativo que resume as principais características do sistema arbitral de consumo. 

Así mesmo e como introdución deste procedemento de resolución extraxudicial de conflictos, elaborouse un folleto que resume os dereitos dos usuarios dos servizos turísticos e do procedemento arbitral. Este folleto estase a distribuír entre os distintos puntos de información a turistas e peregrinos ubicados nas principais localidades polas que discorren os Camiños de Santiago.

Se a súa Asociación ou empresa desexa adherirse ao Sistema Arbitral de Consumo pode utilizar estes formularios autocumprimentables

FORMULARIO ADHESIÓN ASOCIACIÓNS

FORMULARIO ADHESIÓN EMPRESAS E PROFESIONAIS

Pode descargar a Folla de Reclamación premendo na imaxe inferior