Aviso legal

INFORMACIÓN LEGAL

Introdución

O presente aviso legal regula o acceso, navegación e uso dos sitios WEB “consumidores.gal”, e “www.consumidores.gal” propiedade da asociación Unión de Consumidores de Galicia, CIF G-15160609, inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co Nº 82.890, Rexistro de Asociacións de Galicia co Nº 6.092, e Rexistro de Organizacións de Consumidores de Galicia con Nº 5 con domicilio social en Santiago de Compostela, Rúa de Boiro, 3 1ºA  C.P. 15705, así como as responsabilidades derivadas dunha posible utilización ilícita dos seus contidos (entendéndose por estes, en adiante, os textos, gráficos, debuxos, deseños, códigos, software, fotografías, música, vídeos, sons, bases de datos, imaxes, expresións e informacións, así como calquera outra creación protexida polas leis nacionais e os tratados internacionais sobre propiedade intelectual e industrial) así como dos servizos ofrecidos no sitio web.

 Finalidade do sitio WEB

A finalidade deste sitio web é ofrecer información sobre os proxectos e servizos que a asociación desenvolve ou ten desenvolvido e presta, sen que a través desta páxina se preste ningún outro servizo con fins comerciais, agás dos xa citados.

Propiedade Intelectual

Este sitio foi creado por

INFONET. Informática y Networking Compostela SLU
www.infonet.es
B70130885
Vía Arquímedes 7 1A
15890 Santiago de Compostela
A Coruña

e en favor da asociación Unión de Consumidores de Galicia, sendo propiedade intelectual da dita asociación tanto o contido como o deseño da Web.

En ningún caso se entenderá, que o feito de permitir aos usuarios o acceso ao sitio web, implica unha renuncia, transmisión, licenza ou cesión total nin parcial dos ditos dereitos por parte do TITULAR.

Queda expresamente prohibido, suprimir, eludir ou manipular o aviso de dereitos de autor ou calquera outro dato de identificación dos dereitos do TITULAR incorporados aos contidos, así como os dispositivos técnicos de protección ou calquera mecanismo de información e/ou de identificación que se incorporen aos contidos.

Así mesmo queda prohibido modificar, copiar, reutilizar, explotar, reproducir, comunicar publicamente, descompilar, desensamblar, utilizar técnicas de enxeñería inversa ou calquera outro medio para obter o código fonte, facer segundas ou posteriores publicacións, cargar arquivos, enviar por correo, transmitir, usar, tratar ou distribuír de calquera xeito a totalidade ou parte dos contidos incluídos no presente sitio web para propósitos públicos ou comerciais, agás autorización expresa do TITULAR dos dereitos.

Titularidade e uso do Dominio

Os nomes “consumidores.gal” e “www.consumidores.gal” son dominios rexistrados polo TITULAR. Os ditos dominios non poderán ser utilizados, agás autorización expresa do TITULAR en conexión con outros contidos, produtos ou servizos, de forma que se puidera ocasionar, dalgún modo, o descrédito ou prexuízo da imaxe ou honra do TITULAR.

Utilización do Sitio Web e dos seus servizos

Entenderase que o acceso ou a mera utilización do Sitio Web por parte do usuario implica a adhesión plena e sen reservas ás Condicións Xerais publicadas, no momento de acceso ao Sitio Web.

Ponse á disposición dos usuarios o enderezo de correo electrónico legal@ucgal.org onde poder facer efectivas as peticións, cuestións ou queixas que o usuario estime oportunas.

Cookies

Este sitio web utiliza “cookies” (pequenos arquivos de información que o servidor do sitio web envía ao ordenador de quen accede á páxina) na medida imprescindible para o correcto funcionamento e visualización do sitio web por parte das persoas usuarias ou para estatísticos.

As “cookies” utilizadas no sitio web teñen, en todo caso, carácter temporal e desaparecen no prazo máximo dun mes.

En ningún caso utilizaranse “cookies” para recoller información de carácter persoal, sendo esta completamente anónima.

Responsabilidade e Garantías

O TITULAR resérvase o dereito a modificar e/ou suprimir os contidos do Sitio Web sen previo aviso. Non garante nin se fai responsábel da existencia de virus e/ou demais compoñentes nocivos no Sitio Web ou no servidor que os subministra, tanto na visualización dos contidos polos Usuarios como na descarga dos mesmos ou a invulnerabilidade do sitio web.

O TITULAR non se fai responsábel do mal funcionamento da páxina ou dos contidos das páxinas enlazadas que contén o sitio. Os ditos contidos enlazados poden conter en ocasións ofertas de produtos ou servizos; en ningún caso o mero enlace ás ditas páxinas se entenderá como unha invitación a contratalos nin suporá unha actividade publicitaria por parte de Unión de Consumidores de Galicia.

O TITULAR no se fai responsábel do mal uso que puidera chegar a facerse con ocasión do acceso á información publicada na web.

Duración e Modificación

Os termos e condicións do presente aviso, poderán ser modificados de xeito unilateral polo TITULAR, total ou parcialmente. As ditas modificacións serán postas en coñecemento dos usuarios na mesma forma en que as presentes Condicións Xerais aparecen no sitio ou a través de calquera tipo de comunicación dirixida a estes.

A vixencia temporal destas Condicións Xerais coincide, polo tanto, co tempo da súa exposición, ata o momento en que sexan modificadas total ou parcialmente.

Con independencia do disposto nas posibles condicións particulares, o TITULAR poderá dar por terminado, suspender ou interromper unilateralmente o acceso aos contidos do Sitio Web. Logo da dita extinción, seguirán vixentes as prohibicións de uso dos contidos expostos anteriormente nas presentes Condicións Xerais.

Protección de Datos e Privacidade

Toda información persoal proporcionada polos usuarios do presente sitio WEB e polos persoas que se vinculen ás páxinas que a Unión de Consumidores de Galicia dispón en distintas redes sociais, será incorporada a un ficheiro automatizado cuxas finalidades son, unicamente, dar resposta ás solicitudes de consultas, suxestións, queixas e de alta na organización realizadas polos usuarios, así como permitir a inserción de comentarios ás publicacións que Unión de Consumidores de Galicia realiza no sitio web. Os seus datos serán tratados de forma confidencial e de acordo coa lexislación vixente e en cumprimento do artigo 5 de la Lei Orgánica de Protección de Datos 15/1999 e normativa de desenvolvemento.

Así mesmo, garántese o dereito de acceso, rectificación, cancelación e/ou oposición ao tratamento dos seus datos persoais nos termos anteriormente citados. Poderá exercer estes dereitos mediante un escrito dirixido a Unión de Consumidores de Galicia, Rúa Boiro Nº3 – 1ºA, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).

A subscripción aos servizos de newsletter da UCGAL é voluntaria de sorte que en calquera momento os destinatarios e destinatarias desta publicación poderán denegar o seu consentimento ao envío de novas publicacións. Para ista finalidade poderán dirixirse ao responsable do ficheiro sinalado no parágrafo anterior ou simplemento premendo na ligazón que incúen os propios boletíns periódicos.

A comunicación dos datos bancarios suporá a aceptación dos cargos bancarios que correspondan ás cotas de socio segundo a modalidade elixida.

Xurisdición e Lei Aplicábel

A interpretación das presentes Condicións Xerais así como calquera conflito xurdido en relación cos contidos ou dereitos sobre o Sitio Web queda sometida á lexislación e Tribunais Españois.

O presente aviso legal réxese en todos e cada un dos seus extremos pola Lexislación Española.

 Xeneralidades

Os encabezamentos dos distintos apartados teñen mero carácter informativo e, non afectarán, cualificarán ou ampliarán a interpretación das Condicións Xerais.

En caso de existir discrepancia entre o establecido nestas Condicións Xerais e as Condicións Particulares establecidas para un servizo específico, prevalecerán estas últimas.

A nulidade ou inaplicabilidade de calquera das disposicións das presentes Condicións Xerais, na súa totalidade ou en parte, declarada por calquera Xulgado, Tribunal ou órgano administrativo, non afectará ao resto destas Condicións Xerais nin ás Condicións Particulares dos diferentes servizos do sitio Web.

A falta de exercicio polo TITULAR de calquera dereito ou disposición contida nas Condicións Xerais non constituirá unha renuncia aos mesmos, agás que así se faga constar expresamente por escrito.