AS CATEGORÍAS
Os premios recoñecerán o traballo daquelas empresas que teñan o seu domicilio social en Galicia e que elaboren produtos, bens de consumo ou fornezan servizos dirixidos ás persoas consumidoras e usuarias. As empresas galardoadas serán elixidas a través dun proceso detallado e transparente.
O proceso de elección articulase en dúas fases:
1º. A xunta directiva da Unión de Consumidores de Galicia realiza unha preselección de empresas que, cumprindo os requirimentos antes mencionados, acaden unha certa dimensión e recoñecemento a nivel autonómico na prestación de servizos ou na elaboración ou comercialización de produtos.
A directiva da Unión de Consumidores de Galicia valorará a calidade dos produtos e servizos postos no mercado, a capacidade da empresa para satisfacer e superar as expectativas das persoas consumidoras así como para lles proporcionar a mellor experiencia posible, o compromiso das empresas co territorio e a súa contribución á creación de riqueza e emprego de calidade, a atención ao cliente, a innovación e especialmente a aposta por un modelo de consumo responsable e sustentable. Igualmente valorarse a ratio de queixas e reclamacións coñecidas polo equipo técnico da Unión de Consumidores de Galicia.
2º Entre estas empresas, procederase a unha fase final de selección con cinco finalistas por cada unha das categorías.
Neste punto, as persoas consumidoras galegas terán oportunidade de implicarse, a través dun proceso aberto de votación para elixir ás empresas galardoadas finalmente. Realizarase unha enquisa a nivel galego a través dunha plataforma de estudos de mercado. Esta enquisa permitirá ás persoas consumidoras de toda Galicia votar polas súas empresas favoritas. Neste proceso de votación, valorarán dous aspectos, a calidade do produto ou servizo e a atención ao cliente das ditas empresas.
Os resultados da enquisa serán analizados e as empresas con maior número de votos serán as galardoadas. Este proceso garante que os Premios de Consumo de Galicia son un verdadeiro reflexo das opinións e experiencias das persoas consumidoras galegas.
Os premios distribuiranse nas seguintes categorías
Mellor Empresa de Produtos Alimenticios Esta categoría recoñece a aquelas empresas que sobresaen por comercializar ou poñer no mercado produtos alimentarios de alta calidade e que aposten pola innovación, polo produto local, pola seguridade alimentaria, e sustentabilidade dos procesos, entre outros aspectos.
Mellor Empresa de Produtos Non Alimenticios. Esta categoría recompensa as entidades que sobresaen por producir ou comercializar produtos de calidade atendendo a criterios como a innovación, a calidade, a funcionalidade e o valor, e a satisfacción das persoas usuarias. Darase preferencia a produtos de uso común, ordinario e xeneralizado que mostren arraigo e presenza territorial, e que conserven a tradición. Entran nesta categoría o textil, automóbil, complementos persoais, equipamento do fogar, mobles, aparellos domésticos ou vivenda.
Mellor Empresa de Servizos. Esta categoría recompensa as entidades que sobresaen pola prestación de servizos públicos ou privados a criterios como a calidade, a atención ao cliente, comunicación, política de privacidade ou satisfacción das persoas usuarias. Entran nesta categoría prestadoras de suministros como electricidade, gas, auga, telecomunicacións, transportes, banca, seguros, servizos persoais, educación ou sanidade.
Ademais a Xunta Directiva da Unión de Consumidores de Galicia poderá outorgar unha ou máis Mencións Especiais: Esta mención está pensada para recoñecer o traballo de empresas que ofrecen produtos ou servizos que son únicos ou distintivos no seu campo. Isto pode incluír empresas que ofrecen produtos ou servizos de alta gama, empresas que utilizan métodos de produción tradicionais ou innovadores, ou empresas que se destacan polo seu compromiso coa sostibilidade ou a responsabilidade social. Empresas que se enmarcan dentro da economía social, da economía circular ou da economía azul, que apostan pola economía local, promoción da cultura e lingua galega, esforzos para promover a sustentabilidade e a protección do medio ambiente, así como accións formativas e informativas, ou campañas de comunicación. Esta categoría pretende honrar ás entidades, empresas ou persoas que van máis aló do seu papel tradicional e fan unha contribución significativa á sociedade galega.
Estas categorías foron elixidas para reflectir a diversidade da economía galega e para garantir que unha ampla gama de empresas teña a oportunidade de ser recoñecida.
Considerando o papel decisorio das persoas consumidoras e usuarias, e en atención ao traballo que Unión de Consumidores de Galicia desenvolve neste eido, poderá outorgarse unha Mención “Maiola” como resultado das valoracións das persoas que participen na enquisa para identificar a aquela empresa galega que consideren que precisa mellorar atendendo a calidade dos seus produtos ou servizos e da súa atención ao cliente.