Alfonso Villares, conselleiro do Mar

Xornada "Alimentos e bebidas Plant Based: perspectivas e regulación?"

No actual contexto, faise imprescindible traballar en dous eidos nos lanzamentos de alimentos e bebidas de base vexetal que se presentan ao consumidor como análogos de alimentos e bebidas de orixe animal.

A sede da Fundación Cetmar en Vigo, acolleu a Xornada Plant Based: perspectivas e regulación? organizada pola UCGAL co patrocinio da Consellería do Mar e a colaboración de ConsumES e Conxemar. A xornada tratou o mercado e as perspectivas de futuro dos alimentos e bebidas de base vexetal, así como as repercusións que poida ter, en materia de etiquetaxe e información ás persoas consumidoras a Sentenza do TXUE no asunto C-438/23.

Tras a benvida da directora do CETMAR, Rosa Chapela, conselleiro do Mar, Alfonso Villares Bermúdez, inaugurou a xornada sinalando a controversia en torno aos produtos de base vexetal e a necesidade de abordar a súa regulación para protexer a consumidores e industria. Mostrou preocupación polas campañas de desinformación e pola etiquetaxe confusa, subliñando a importancia dunha información clara que beneficie tanto ao consumidor como á credibilidade do sector. Ademais, destacou a falta dunha normativa específica para os produtos plant-based, expresando o compromiso de Galicia en solicitar unha revisión da normativa europea para ofrecer maior transparencia e seguridade.

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O mercado dos alimentos e bebidas de base vexetal

A catedrática da Universidade da Coruña, Cristina Calvo Porral, destacou o crecemento da industria de produtos de base vexetal en Europa e o posicionamento de España como cuarto consumidor destes produtos no continente. Subliñou que a carne e o leite vexetais son os máis demandados. Entre as motivacións dos consumidores para optar por estes produtos mencionou os beneficios para a saúde, o pracer sensorial, motivos éticos e a conciencia ambiental. Non obstante, sinalou barreiras importantes, como o prezo elevado, o medo a probar novos alimentos, a percepción de dieta incompleta e características sensoriais que non sempre convencen. Ademais, indicou que o etiquetado pouco claro pode confundir aos consumidores.

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O consumidor ante os alimentos e bebidas plant based

O secretario xeral de UCGAL e presidente de ConsumES, Miguel López apuntou durante a súa intervención á crecente demanda de alimentos plant-based e ao desafío que enfrontan os consumidores para diferenciar entre produtos vexetais e de proteína animal, o que leva a que un 58% dedique máis tempo a analizar as etiquetas. Referíndose á sentenza do TXUE no caso C-438/23, subliñou a importancia dunha regulación clara e uniforme para garantir transparencia e confianza. López Crespo fixo tamén un chamamento á responsabilidade na comunicación destes produtos, insistindo en que a información debe ser precisa, non ambigua, e baseada en datos científicos.

Durante a súa presentación amosou múltiples exemplos de etiquetaxes de produtos que se comercializan en distintos países da UE nos que ao seu xuízo non cabe dúbida do incumprimento da normativa europea sobre etiquetaxe habida conta do elevado risco de confusión nas persoas consumidoras. 

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Innovacións vexetais: denominacións e características.

Unha mesa de expertos, moderada polo doutor Rafael Urrial de Andrés, facilitou un debate sobre a necesidade de clarificar as denominacións e etiquetaxes dos produtos plant-based e de aplicar a lexislación existente para protexer tanto ao consumidor como á industria. Os participantes coincidiron en promover a colaboración entre administracións, consumidores e industria para desenvolver un marco regulador adaptado ao crecemento do mercado. Sinalouse que a normativa actual é insuficiente para abarcar a nova tipoloxía de alimentos, e que existe un baleiro legal que debe ser cuberto cunha normativa europea harmonizada, esencial para evitar fragmentacións e garantir transparencia e seguridade.

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Esta meda estivo conformada por representantes da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición, da consellería de medio rural da Xunta de Galicia, Conxemar, Frinsa, Carrefour, Calabizo e o Clúster Alimentario de Galicia. 

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Conclusións

Os expertos e participantes na xornada chegaron a unha sorte de conclusións que ao seu xuízo, deberían ser tidas en conta polas distintas admnistracións competentes e solicitaron a UCGAL e a ConsumES o seu apoio para facelas chegar ao Goberno, CC.AA e Unión Europea. Desde ConsumES, o seu presidente asumiu o dito compromiso ao tempo que sinalou que daría traslado das ditas conclusións á súa organización europea, SAFE.

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar