Sabes interpretar a etiqueta dos alimentos? Aprende cun sinxelo clic

14/02/2014

Sexas ou non dos que analizan a etiqueta dos alimentos que mercas ou consumes, seguro que, como mínimo, te preocupas de botar unha ollada á data de caducidade. Ou de consumo preferente. Coñeces a diferencia entre unha e outra? Gustaríache saber que significa todo iso que inclúe a etiquetaxe? Seguramente si, porque se trata de produtos que ides consumir ti, teus fillos ou a túa familia, e a vosa seguridade está por riba de todo. En UCGAL sabémolo e queremos axudarche. Propoñémoste aprender a ler e interpretar as etiquetas dos alimentos cun xesto tan sinxelo como o dun ‘clic’.

Xa tedes dispoñible na nosa web a aplicación Alimentación: Etiquetado, un sinxelo programa en formato HTML que detalla e explica cada unha das partes da etiqueta dos alimentos, desde os ingredientes e alérxenos que conteñen ata o número de lote e data de caducidade ou consumo preferente, pasando pola información do fabricante ou mesmo os detalles da venda online. Facendo clic en cada unha desas partes, amosadas á esquerda da pantalla como unha etiqueta de exemplo, deprégase á dereita un completo texto que explica que significa cada unha desas áreas seleccionadas.

Elaborado en colaboración con Mercadona e os programas Xermola e Xente con Vida da consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, e dispoñible en castelán e máis en galego, a aplicación pretende servir como guía de aprendizaxe da poboación en xeral, especialmente nas idades máis temperás. De aí o seu sinxelo e intuitivo formato e a facilidade para ser integrado noutras plataformas. O dos adolescentes é un dos colectivos que menos atención lle presta ao etiquetado de alimentos. Espertar o seu interese e axudarlles a que entender a composición dos produtos que consumen sexa una tarefa fácil, é un reto de suma importancia. Canto antes se formen na cultura do etiquetado, mellor e máis rapidamente a integrarán como parte da súa vida rutineira. Por iso poñemos a aplicación a disposición a disposición de calquera centro ou entidade que a solicite, en especial dos centros educativos da comunidade.

Accede á aplicación aquí.

Deixa unha resposta