‘Alimentación: etiquetado’, sinxela aplicación para aprender a interpretalo

5/12/2013

 

O dos adolescentes é un dos colectivo que menos atención lle presta ao etiquetado de alimentos. Espertar o seu interese e axudarlles a que entender a composición dos produtos que consumen sexa una tarefa fácil, é un reto de suma importancia. Canto antes se formen na cultura do etiquetado, mellor e máis rapidamente a integrarán como parte da súa vida rutineira.

Con esta premisa, desde a Unión de Consumidores de Galicia, e en colaboración con Mercadona, estamos desenvolvendo un programa en formato HTML no que se explica de forma sinxela, en castelán e en galego, o significado das diferentes partes dunha etiqueta alimentaria tomada como exemplo. Irá dirixida principalmente a escolares de Galicia e poñerémola a disposición de calquera centro ou entidade que a solicite, en especial dos centros educativos da comunidade.

“Entendemos que é unha forma sinxela de chegar a todo o público cun custe prácticamente simbólico. Non escollemos este formato por unha cuestión unicamente económica e medioambiental, senón tamén por facilitar a súa incorporación en calquera blog o páxina web sen complicacións”, explica o secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López, ao respecto do programa. Actualmente, estase traballando en optimizar o programa para chegar da forma máis cómoda e efectiva posible a ese colectivo de adolescentes sen interese no etiquetado, sen esquecer a tarefa formativa da poboación en xeral.

Deixa unha resposta