Fernando Dalama: “A cesta da compra custa ata 2.000€ máis ao ano nun fogar cunha persoa alérxica”

31/12/2013

A etiqueta dun alimento trascende a súa función informativa en mans dunha persona alérxica, cuxa vida depende de que esa etiqueta se axuste á realidade e á legalidade que as normas marcan. Lendas ambiguas como ‘pode conter’, informacións contradictorias ou, simplemente, a ausencia de indicacións sobre os ingredientes dun produto poñen á persona alérxica nunha situación de alto risco. A nova normativa que será de aplicación en xaneiro de 2014 reforza a seguridade naqueles alimentos que se dispensan directamente ao consumidor sen envasar, concretamente en establecementos de hostalería e restauración. Pero queda moito por facer. Advertíunolo Fernando Dalama, coordinador do Comité de Seguridade Alimentaria de AEPNAA, nunha entrevista tras a súa intervención na xornada Alimentación: Información e Comunicación, celebrada o 13 de novembro en Santiago.

Non quixeramos esaxerar, pero… podería dicirse que moitas veces as persoas alérxicas xogan a vida por un mal etiquetado?

Non, moitas non. Moitísimas veces. Non é nada esaxerado, morren por un mal etiquetado, por unha información incorrecta ou incompleta. A etiqueta e outra información que nos aporta o fabricante son o único que nos pode salvar a vida. O alérxico é unha persona completamente normal ata que come a substancia á que é alérxico, e nese momento pode xogarse a vida, si.

Cales son as alerxias máis comúns?

As máis comúns, segundo os estudos do 2005 e máis recientes, en adultos seguen sendo frutas maioritariamente, aínda que na lexislación actual non é un dos alérxenos obrigatorios, curiosamente. En España a maioría dos alérxicos alimentarios están relacionados coa fruta. En nenos, as máis comúns son proteína de leite e ovo. As máis graves polo tipo de reacción que xeran adoitan ser froitos secos e ás veces peixes e mariscos.

Sabemos a cifra de afectados en España e en Galicia?

En España, o estudo máis recente fala dun un 8%, que nunha poboación de 46 millóns como a española, son 4 millóns de afectados, cifra totalmente extrapolable a Galicia. Pero hai que ter en conta que no caso das alerxias a alimentos, a incidencia non é só no afectado. Unha familia cunha media de catro membros non vai mercar dous tipos de galletas diferentes, polo que eses 4 millóns afectan a todos os que teñen na súa contorna: pais, avós, tíos… que ao final acaban consumindo a mesma marca. Os alérxicos somos un tipo de consumidor un pouco especial no sentido de que somos moi fieis a unhas determinadas marcas, que son aquelas coas que nos sentimos seguros. Esas marcas deberían coidar un pouco esa información e ese etiquetado para evitar que un cambio na formulación ou no etiquetado nos dea problemas, ou xere desconfianza.

Coa gran variedade non só de ofertas senón de establecementos comerciais, supoñemos que teredes que estar moi alerta á hora de facer a compra…

Si, de feito temos talleres de lectura de etiquetado, para profesores, educadores, pais… A formación é moi importante. Un dos maiores problemas aos que nos enfrontamos é a falta de rigurosidade á hora de etiquetar. Non hai máis que ver neste último mes as alertas alimentarias que houbo por alérxenos de declaración obligatoria, que estaban presentes no alimento pero non foron declarados. Temos unha cultura xeral de non ler as etiquetas, pero nós somos un tipo de consumidor bastante especial, porque lemos a etiqueta de arriba a abaixo, e atopámonos con que o que pon nun lado da etiqueta non é o mesmo que no outro, con diferentes idiomas e diferencias na tradución, ou listas de ingredientes que non o son en realidade.

Contades con oferta ou recursos suficientes á hora de facer a compra?

Non. Ler as etiquetas de todo o que mercas leva moitísimo tempo. Temos casos de xente na asociación que trae productos de fora comprados por Internet, con características especiais. Ás veces imos de vacacións a determinados sitios porque hai unha fábrica pequeniña que nos dá garantías de que é artesán, pero son sempre productos máis caros. Calculamos un gasto de 1.500 ou 2.000 euros máis ao ano na cesta da compra de cada fogar no que hai un paciente alérxico. E depende tamén da alerxia que teña, porque no é o mismo un que non poda tomar leite que un multialérxico con cinco ou seis substancias, ou ata 12. Quere dicir máis gasto e máis tiempo á hora de facer a compra. E complícase cando vas comer fora, xa que o control é un pouco diferente. Melloramos algo porque a nova normativa europea que será de aplicación en 2014 afecta a todo produto sen envasar, e obriga a que en hostalería e restauración, se informe das substancias que conteñen os platos.

Qué outras grandes demandas quedan por respostar?

Primeiro, incluir todos os alérxenos maioritarios na lista oficial. A lexislación contempla 14 grupos que non inclúen froitas nin legumes. E segundo, que os fabricantes teñan que etiquetar absolutamente todos os ingredientes. O único que pedimos é a información rigorosa e veraz para poder xestionar o noso risco. Lendas como ‘pode conter’ ou ‘elaborado nunha fábrica que utiliza…’ non sirven para nada, só xeran desconfianza. É como querer lavar as mans. Fainos seren máis desconfiados coa industria alimentaria e provócanos unha importante falta de seguridade.

Deixa unha resposta