I Estudio sobre os animais de compañía

16/10/2019

ADECES (Asociación pro Derechos Civiles, Económicos y Sociales) e UCGAL (Unión de Consumidores de Galicia) veñen de realizar o I Estudio sobre os animais de compañía rexistrados nas distintas comunidades e cidades autónomas. Ver táboas do Estudo.

O rexistro é unha mostra do número e a diversidade das especies animais presentes nos fogares españois. Con esta proliferación afloran ou poden aflorar problemas derivados das conductas irresponsables dalgúns donos que danan a convivencia, a seguridade, a biodiversidade e os dereitos dos animais

Animais potencialmente perigosos e especies invasoras

A Lei 50/1999, aprobada en decembro dese ano, ten por obxeto establecer a normativa aplicable á tenencia de animais potencialmente perigosos para facela compatible coa seguridade de persoas, bens e outros animais.

O RD 287/2002 desenvolveu a citada lei establecendo os animais potencialmente perigosos pertencentes á fauna doméstica da especie canina, fixando os requisitos mínimos necesarios para obter as licenzas administrativas e concretando as medidas mínimas de seguridade esixibles para a súa tenencia.

O incumprimento destas normas ocasionou graves problemas de seguridade causando 21 mortos nos últimos 10 anos e lesións a persoas e animais.

Os sistemas de identificación animal contabilizan un total de 9.733.162 cans, dos cales 338.132 (3,47%), corresponden ás razas potencialmente perigosas determinadas na normativa vixente.

Melilla (9,60%) e Cataluña cun 7,57% son as zonas que presentan a maior porcentaxe de cans potencialmente perigosos sobre o total dos caninos apuntados. No extremo oposto atópanse Navarra e Estremadura situándose ao redor do 2%.

As CCAA que posúen a porcentaxe máis alta de cans en relación aos animais inscritos nos seus rexistros de identificación son Estremadura (99%) e Navarra por riba do 98%. No lado contrario sitúanse as dúas cidades autónomas ambas por riba do 76%.

Por outra parte, a introdución no territorio de especies invasoras xera un enorme dano á biodiversidade autóctona. Así, por exemplo, a cotorra arxentina ou mapache, son verdadeiras pragas en Madrid.

razas-peligrosas

A adopción de medidas

ADECES e UCGAL reclaman ás administracións públicas actuacións máis decididas respecto a ambos problemas.

En relación coas especies invasoras ambas asociacións reclaman:

▪ Estender o catálogo de especies invasoras.
▪ O deseño e execución de plans preventivos (incluíndo a súa detención temperá) e de erradicación; así como plans de seguimento.
▪ Coordinación interadministrativa.

En referencia aos cans potencialmente perigosos, as asociacións avogan por unha maior vixilancia das policías locais nos espazos públicos e o incremento de denuncias por incumprimento das obrigas normativas.

Con carácter xeneral, ADECES e UCGAL reclaman a elaboración de censos e rexistros máis detallados e a coordinación entre administracións. Aínda que non é obxecto deste estudio, é necesario recordar as situacións de maltrato e abandono que sofren moitas mascotas, que deben ser denunciadas e castigadas.

Outros datos

O número total de animais inscritos nos 19 rexistros de identificación de animais de compañía ascende a 10.504.510. A especie con maior presenza é o can (92,66%), seguido do gato (6,62%) e o furón (0,42%).

Tres dos rexistros RACIC (Cantabria), RIAC (La Rioja) e SIACE (Ceuta) solo inscriben a estas tres especies, os 16 restantes presentan máis variedade (cervos, dromedarios, réptiles, raposos…). Estes animais incluíronse nun apartado denominado “outras especies”, cunha presencia nos rexistros por debaixo do 0,01%.

O número de gatos rexistrados ascende a 695.525. Ceuta e Melilla cun 23,5% e un 22,5% respectivamente, rexistran as porcentaxes máis elevadas. Estremadura (0,80%) e Navarra co 1,23% presentan os índices máis baixos.

Os furóns son a terceira especie en número de exemplares rexistrados (43.747). A súa porcentaxe oscila entre o 0,06% de Navarra e o 1,88% de Castela A Mancha.

Metodoloxía

Para levar a cabo esta investigación solicitáronse os datos no mes de xuño mediante correo electrónico a distintos organismos oficiais; colexios de veterinarios, consellerías…e incluso a algunha sede electrónica.

Euskadi, Navarra e o Principado de Asturias con 2 días son as comunidades que menos tempo tardaron en facilitar a información. Castela A Mancha e Andalucía ocupan as últimas posicións con 38 e 35 días respectivamente.

Os datos ten un carácter aproximativo: non tódolos animais de compañía están rexistrados; non tódolos animais falecidos se dan de baixa; e os cambios de domicilio a outras comunidades non levan necesariamente cambios de rexistro.

Deixa unha resposta