Que operadores de telecomunicacións rexistran máis reclamacións?

21/07/2021

UCGAL analiza os datos oficiais de reclamacións dos grupos de telecomunicacións, basedados nos rexistros da SETID e da OAUTEL

Os datos amosan realidades complementarias e reflicten diferenzas desde 7 veces máis reclamacións nos servizos converxentes ate as 25 nas contas prepago.

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGal) ven de examinar os datos de reclamacións dos operadores de telecomunicacións ofrecidos pola Secretaria de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais (SETID) e pola Oficina de Atención dos Usuarios das Telecomunicacións (OAUTEL).

Como lembramos, UCGal xa denunciou no 2020 determinadas actuacións do operador R sobre o cómputo das reclamacións recibidas a través de Internet que ao final de proceso na Web do operador non ofrecían número de reclamación e pasaban a se converter nunha simple queixa. A dita práctica, denunciada ante a administración competente e ante as autoridades de Competencia, provocou as reservas de UCGAL sobre os datos subministrados por R e publicados pola SETID.

Respecto das reclamacións, os datos de SETID e OAUTEL amosan realidades complementarias. Os primeiros inclúen información relativa ás reclamacións que reciben os operadores nos seus distintos servizos, así como referencias ao tempo de resposta. Pola súa banda, as reclamacións recollidas pola OAUTEL expresan a insatisfacción do cliente, xa que logo trátase de reclamacións que persisten logo de ter sido tratadas polo operador e, ademais, incorporan categorías adicionais.

Podes ver un resumo dos datos neste video

Reclamacións segundo a OAUTEL

O volume de reclamacións de servizos converxentes, oscila entre o 1,24 de MOVISTAR e o 9,04 de VODAFONE, situándose o resto de operadores entre o 1,79 de EUSKALTEL e o 4,35 de R. Cómpre considerar que o 81% das liñas fixas e o 86% das móbiles soportan servizos converxentes.

Respecto das queixas sobre a atención ao cliente, os rexistros do organismo sinalan que MOVISTAR presenta o menor volume (0,17) e VODAFONE triplica o dato (0,51).

En canto ás reclamacións sobre servizos móbiles, a OAUTEL sitúa a VODAFONE co peor índice de reclamacións (3,71) e a ORANGE co mellor (1,27).

As reclamacións sobre o servizo fixo presentan un volume que vai desde o 2,7 de EUSKALTEL ate o 33 de ORANGE, pasando polo 27 de MASMOVIL e o 19,5 de VODAFONE.

 

OAUTEL2020

Reclamacións segundo a SETID

As reclamacións sobre o servizo móbil varían entre o 0,45% de VODAFONE ate preto do 2,5% de ORANGE e MOVISTAR.

Nas contas prepago, as porcentaxes invértense, xa que flutúan entre o 0,087% de MOVISTAR e o 2,22% de VODAFONE.

As reclamacións relativas a facturas sitúanse entre o 0,057% de VODAFONE y o 1% de MOVISTAR.

Os tempos de resolución de reclamacións varían desde os 23 días de R ou os 19 de MASMOVIL ate os 2,71 de VODAFONE.

Para o servizo fixo, a SETID amosa un abano que vai desde o 0,96% de MASMOVI ate máis do 5% de R e TELECABLE.

Os tempos de resolución móvense entre os 5,30 días de VODAFONE e os case 20 de MASMOVIL e R.

Por último, as reclamacións sobre facturas presentan uns rexistros desde o 0,20% de MASMOVIL ate o 1,41% de TELECABLE.

Podes ver aquí a NOTA DE PRENSA en español e en galego

Deixa unha resposta