Quedaches tirado no aeroporto? Atende estes consellos

13/04/2015

Se te viches afectado pola cancelación dun voo, debes saber que tes dereito:

  • Ao reembolso do importe íntegro do billetes (no prazo de 7 días), correspondente á parte ou partes da viaxe non efectuadas ou á parte ou partes da viaxe efectuadas, se o voo xa non ten razón de ser, ou
  • Á condución ata o destino final en condición de transporte similares,  o máis rápido posible, ou
  • Á condución ata o destino final, en condicións comparables, nunha data posterior que che conveña, en función dos asentos dispoñibles.

Asemade, a compañía deberá ofrecer, de forma gratuita, comida e refrescos suficientes, aloxamento (cando sexa necesarios pernoctar unha ou varias noites) así como o transporte entre o aeroporto e o hotel, e dúas chamadas telefónicas.

En todo caso, terás dereito a unha compensación económica que poderá ir de 250 € ata 600 €, segundo a distancia do voo.

Así mesmo, cando si te ves afectado por un atraso, tes dereito igualmente a que se che reembolse o importe íntegro do billete cando este sexa de 5 ou máis horas e finalmente decidas non viaxar ou a viaxe xa non teña razón de ser. En todo caso, cando o tempo do retraso sexa de 3 horas ou máis, este equipárase aos voos cancelados en canto ao recoñecemento da compensación económica, segundo o indicado anteriormente.

Pola contra, se a compañía aérea alega causas extraordinarias para a cancelación do voo, en todo caso esta deberá informar debidamente de cales son estas causas. Compre saber que a normativa recolle como tales causas a inestabilidade política, condicións meteorolóxicas incompatibles coa realización do voo, riscos para a seguridade, deficiencias inesperadas na seguridade do voo e folgas que afecten ás operacións dun transportista aéreo encargado de efectuar un voo. En todo caso, a xurisprudencia da U.E. recolle que non se recoñece como causa extraordinaria os problemas técnicos xurdidos nunha aeronave que provoque a cancelación ou o retraso dun voo, a menos que estes problemas se deriven de acontecementos que, pola súa natureza ou orixe, non sexan inherentes ao exercicio normal da actividade de transporte aéreo de que se trate e escape ao control efectivo de dito transportista.

A maiores, sempre poderás acudir á vía xudicial para solicitar calquera outra indemnización derivada dos prexuízo ocasionados pola cancelación do voo.

Deixa unha resposta