A medida promove a libre elección e, polo tanto, impulsa a competencia e a calidade
O recente anuncio de MOVISTAR de eliminar a permanencia dos seus produtos Fusión ven de ser valorado moi positivamente por diversas organizacións sociais e de consumidores, ate o punto de solicitar ao resto de operadores que secunden esta iniciativa.
Segundo as asociacións, a retirada das permanencias promove a libre elección dos
usuarios, que deixan de estar obrigados a prolongar a súa relación contractual cun operador pola penalización que leva aparellada a ruptura da mesma.
Para as asociacións, a libre elección é o substrato básico que impulsa a competencia en termos de calidade, xa que logo xeralmente as decisións de cambio dos usuarios susténtanse na insatisfacción co servizo recibido. Neste sentido a penalización opera coma unha barreira á competencia.
En definitiva, as asociacións avogan por que os operadores conserven ou gañen cota de mercado pola calidade dos seus servizos prezos e prestacións e non pola obriga de permanecer atado baixo pena de sanción económica.
Ate este momento, MOVISTAR, tiña fixado para os produtos de FUSIÓN, un compromiso de permanencia de 3 meses, cunha penalización de 130 euros, ligada á instalación por vez primeira da fibra.
Pola súa banda, o resto de operadores manteñen os seguintes compromisos e penalizacións:
- VODAFONE: 12 meses de permanencia. Ate 150 euros de penalización.
- ORANGE: 12 ou 24 meses. Ate 100 euros de penalización.
- EUSKALTEL: 12 meses. Ate180 euros de penalización.
- MASMOVIL: 12 meses. Segundo se trate de fibra ou ADSL, a penalización, ligada á
instalación, acada os 181 e os 121 euros respectivamente. Non prorrateable. - TELECABLE: 12 meses. Ate 120 euros de penalización.
- R: 12 ou 24 meses. Ate 180 euros de penalización.