UCGAL adopta medidas dirixidas a protexer a saúde de asociados, empregados e público

12/03/2020

Como consecuencia da situación motivada pola epidemia do coronavirus e en resposta ás accións plantexadas polo Goberno e a Xunta de Galicia, Unión de Consumidores ven de adoptar medidas de protección da saúde de asociados, empregados e público en xeral.

Así, desde o día 12 de marzo, deixarán de prestarse servizos de atención presencial na sede da organización. Consultas e reclamacións poderán ser atendidas telefónicamente no 981 56 64 11 ou a medio de acceso á sección privada da web, no caso das persoas asociadas.

As persoas que soliciten atención en virtude de convenios de colaboración serán atendidas telefonicamente no mencionado 981 56 64 11 ou no mail info@consumidores.gal.

Deixa unha resposta