UCGAL e a asociación AgrupA asinan un convenio de colaboración

12/07/2022

A Asociación de Funcionarios de Carreira do Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia e Unión de Consumidores de Galicia, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades informativas, divulgativas e de defensa dos dereitos como persoas consumidoras das socias e socios de AgrupA.

IMG_4339

No acto de sinatura participaron, o Presidende de AgrupA, José Carlos Fagín Taboada e o Secretario Xeral de UCGAL, Miguel López Crespo.

O convenio asinado, que ten unha duración inicial dun ano prorrogable por iguais periodos, permitirá a todas as persoas asociadas de AgrupA ostentar a condición de socias e socios conveniados da UCGAL ao tempo que establece o deseño conxunto das actuacións informativas e divulgativas no eido do consumo que sexan acordadas entre ambas as dúas entidades.

IMG_4404

Deixa unha resposta