Unha charla informativa da UCGAL en Milladoiro asesora sobre o subministro do gas

8/04/2019
  • A asistencia é gratuíta e libre ata completar o aforo

Cartel Actividade Gas Concello AmesO local social de JUPEMI (Club de Xubilados) en Milladoiro acollerá a charla informativa ‘O consumidor fronte ao subministro do gas’. A actividade, impartida por persoal técnico da Unión de Consumidores de Galicia, terá lugar o mércores, 10 de abril, ás 19:30 horas.

O principal obxectivo desta actividade é o de despexar as dúbidas existentes sobre o subministro de gas para o cal abordaranse tanto os actuais mercados existentes como os diferentes modos de facturación pasando polos cambios de comercializadora e cuestións relacionadas coa seguridade das instalación do gas e as revisións dos equipamentos. Ademais, achegaranse pautas para evitar as fraudes en relación co subministro deste servizo. 

A charla informativa vai dirixida ao conxunto da poboación amesán, trátase dunha actividade gratuíta e libre ata completar aforo.

A actividade enmárcase dentro do convenio asinado entre a UCGAL e o Concello de Ames. Os veciños e veciñas do concello que queiran facer algunha consulta ou reclamación teñen á súa disposición aos técnicos da UCGAL nos seguintes puntos de asesoramento e horarios:

–  En Milladoiro, nas instalacións da rúa Viorneira, 6, baixo, os martes de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas.

– En Bertamiráns, no Pazo da Peregrina, os xoves de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas.

Para obter cita previa poden chamar ao número de teléfono 662 13 03 12

Deixa unha resposta