A UCGAL levará a cabo un taller formativo sobre consumo e aforro da electricidade en Tordoia

24/02/2016

A Unión de Consumidores de Galicia levará a cabo un taller formativo sobre consumo e aforro de electricidade no concello de Tordoia. A actividade, organizada pola Asociación Cultural Brisas do Quenllo e impartida por técnicos da UCGAL, terá lugar mañá, 25 de febreiro, no local social de Numide, no concello de Tordoia (A Pontraga), ás 21:00 horas. 

Neste taller, os asistentes poderán resolver as súas dúbidas sobre as distintas modalidades de contratación de electricidade, a substitución dos contadores analóxicos polos contadores dixitais, a potencia contratada e a nova tarifa da luz por horas que tanta confusión xera. 

Esta organización, consciente da complicación que representa coñecer os mecanismos de funcionamento do sector eléctrico e en vista do progresivo aumento das reclamacións dos consumidores nesta materia; pretende formar á cidadanía no eido da subministración eléctrica para garantir os seus dereitos como consumidores e axudarlles a entender e aforrar na factura da electricidade.

Deixa unha resposta